03/07/2026
⏰ Cambio de hora!!!
𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟
Ante a previsión meteorolóxica para a xornada do sábado, coa alerta laranxa activada por altas temperaturas en Galicia, e co obxectivo prioritario de preservar a seguridade de deportistas, clubs, persoal técnico, e público asistente, a organización da Liga Galega de Traiñeiras acordou modificar os horarios das regatas previstas para este día.
A xornada quedará da seguiente maneira:
• 𝐗𝐈𝐈 𝐁𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐈𝐥𝐥𝐚 𝐝𝐨 𝐒𝐚𝐦𝐞𝐫𝐭𝐨𝐥𝐚𝐦𝐞𝐮 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐚ñ𝐚
🕑 Horario previsto: 17:00 h
🕑 Novo horario: 20:00 h
• 𝐗𝐗𝐈 𝐁𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐚 𝐏𝐨𝐛𝐫𝐚
🕑Horario previsto: 17:00 h
🕑Novo horario: 19:00 h
Esta decisión adóptase de maneira preventiva e responsable, atendendo ás condicións meteorolóxicas previstas e co fin de garantir o correcto desenvolvemento das probas nas mellores condicións posibles para todas as persoas participantes.
Agradecemos a comprensión de clubs, afección e entidades colaboradoras ante esta modificación puntual dos horarios.