SD Compostela Atletismo

SD Compostela Atletismo

Compartir

Páxina da S.D. Compostela Atletismo

Photos from SD Compostela Atletismo's post 15/06/2026

🩵🤍 NOVA CRÓNICA NA WEB 🏃‍♂️🏃‍♀️

Con algo de retraso (xa sabedes que o calendario non dá tregua 😅), xa tedes dispoñible na nosa web a crónica dunha fin de semana cargada de competicións e bos resultados.

📍 CorreSan de Conxo
📍 10K Carballo
📍 Semana Verde de Silleda
📍 San Sadurniño
📍 Corre por Ourense Centro
📍 Carreira da Cereixa

🏆 Vitorias absolutas, podios de categoría, moita participación das nosas escolas e, sobre todo, unha vez máis, moito Compos espallado por toda Galicia.

📲 Pasade pola web para descubrir todos os resultados e as actuacións dos nosos atletas.

⏳ E atentos, porque en breve tamén publicaremos a crónica deste pasado fin de semana... 😏💪
👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com


14/06/2026

O noso equipo feminino acadou o primero posto no campionato galego de clubes no trail en Esgos!!!🩵🤍

09/06/2026

🩵🤍 Campioa de España! 🇪🇸🏆

Hai resultados que falan por si sós. E este é un deles.

A nosa atleta Soledad Leiro proclamouse Campioa de España Máster F50 de Milla no Campionato de España celebrado en Sarón (Cantabria), cruzando a meta en 5’32’’ e levando o ouro para Compostela🥇

Un premio ao esforzo diario, á constancia e á paixón polo atletismo. Porque detrás de cada medalla hai moitas horas de adestramento, sacrificio e ilusión.

Estamos moi orgullosos de ti, Sole. Grazas por representar ao club da mellor maneira posible e por demostrar que os límites están para superalos 💪🩵🤍

Parabéns, campioa!

👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com


06/06/2026

🩵🤍 Rumbo ao Campionato de España! 🇪🇸🏟️

A nosa atleta Xoana Rodil xa está preparada para representar ao Compos no Campionato de España Sub16 ao Aire Libre, que se celebra esta fin de semana en La Nucía (Alacante).

🔥 Xoana competirá nos 3000 metros lisos, unha proba na que chega tras unha gran tempada e coa ilusión de medirse coas mellores atletas do país.

📅 Domingo
🕗 20:15 h
🏃‍♀️ 3000 metros lisos

Todo o club estará animando desde a distancia. Moita sorte, Xoana! Estamos moi orgullosos de ti e de todo o traballo realizado para chegar ata aquí 💪🩵🤍

Photos from SD Compostela Atletismo's post 04/06/2026

📰 Nova crónica na web! 🩵🤍

Seguimos sumando quilómetros, podios e experiencias por toda Galicia... e tamén fóra dela 👇

🌙 Nocturna SantYago 10K
🌿 Cross de Santiso
🏆 Grandes resultados en Moeche
⛰️ Trail Vikingo de Carnota
🏟️ Campionato Galego Sub12
🇪🇸 Presenza en Madrid

Outra fin de semana na que o Compos estivo representado en múltiples frontes, con vitorias, podios e moita participación 💪🔥

👉 Xa podedes consultar a crónica completa na web.

Grazas a todos os que cada finde levades as nosas cores por estradas, pistas, montes e carreiras populares 🩵🤍👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com


01/06/2026

🇪🇦🏅Soledad Leiro (S.D Compostela Atletismo) , campeona de España de Milla F50, con ⏰5️⃣:3️⃣2️⃣💯

SD Compostela Atletismo

Photos from SD Compostela Atletismo's post 29/05/2026

📸 Entre Rías, Lugo, Ordes, Dumbría… e moitas máis! 🩵🤍

Aínda nos quedaban algunhas fotos por compartir destas últimas semanas 👀

Porque ás veces é imposible estar ao día de tantos quilómetros, podios, viaxes e momentos 💪🏼🏃‍♂️🏃‍♀️

Seguimos levando o Compos por toda Galicia,e fora, cada finde 🔥

👉 Lembrade que tedes todas as crónicas completas na web.
www.sdcompostelaatletismo.com


Photos from SD Compostela Atletismo's post 15/05/2026

📰 Nova crónica xa na web! 🩵🤍

Outro fin de semana cheo de carreiras, podios e moita presenza do Compos 👇

🏃‍♂️ Cacheiras
⛰️ Trail de Cuntis
🔥 Mazaricos
👶 E a base tamén competindo

👉 Xa podedes ler a crónica completa na web con todos os resultados.

E aproveitamos tamén para desexarvos unhas moi felices Festas da Ascensión! 🎡🎶
As festas máis importantes para todos os picheleiros 💙

Gozade moito… e vémonos polas carreiras 😉💪🏼

👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com


¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


15707
Santiago De Compostela
15707