Club Waterpolo Santiago
Vamos ranitas!!
Únete ao noso equipo en Santiago de Compostela!
Único club de waterpolo en Santiago de Compostela, cunha gran familia de máis de 100 xogadores e xogadoras cheos de paixón por este deporte."
02/06/2026
01/06/2026
💚🤽♂️ FIN DE TEMPADA POR TODO O ALTO PARA O CW SANTIAGO 🤽♀️💚
O Club Waterpolo Santiago puxo o punto e final ás ligas galegas cunha intensa fin de semana de competición na que se disputaron un total de doce encontros entre a piscina de Santa Isabel e o desprazamento á Coruña.
O balance non puido ser máis positivo, con once vitorias e unha única derrota, demostrando unha vez máis o gran traballo realizado durante toda a tempada por xogadores, xogadoras, adestradores e familias.
As categorías de base volveron ofrecer unha excelente imaxe, con importantes triunfos dos equipos alevíns, infantís e cadetes. Especialmente destacable foi o terceiro posto final acadado polo Infantil La Merenguela e a cuarta posición do Infantil B, que completaron unha gran campaña ligueira.
Os equipos absolutos tamén despediron a competición con vitoria. O equipo feminino sumou un novo triunfo ante o CW Coruña, mentres que o masculino pechou a liga cunha vitoria diante da súa afección para culminar unha tempada extraordinaria.
A nivel colectivo, o equipo absoluto masculino finaliza a competición como 🥈 subcampión galego de liga e 🏆 campión da Copa Galega Absoluta Masculina, dous éxitos que reflicten o crecemento deportivo do club.
Queremos agradecer o apoio recibido ao longo de toda a tempada por parte das familias, afeccionados, patrocinadores, colaboradores e institucións que fan posible que o proxecto do CW Santiago siga medrando ano tras ano.
Agora toca seguir traballando e preparar os próximos retos, pero antes queremos felicitar a todos os integrantes do club por unha tempada para sentirnos moi orgullosos.
💚 Grazas por formar parte desta familia.
01/06/2026
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Rúa Tras Sta. Isabel S/n
Santiago De Compostela
15705