17/06/2026
Asociación Galega de Fútbol Gaélico
FB oficial da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Entidade que regula o deporte en Galicia formada polos clubs federados na GAA e LGFA.
17/06/2026
11/06/2026
🏐 Xornada de Formación de Fútbol Gaélico en Boqueixón
Este sábado 13 de xuño, a partir das 12:00 h, teremos unha nova oportunidade para seguir aprendendo e facendo medrar o fútbol gaélico en Galicia.
Durante a xornada abordaremos dous aspectos fundamentais do rendemento deportivo:
🧠 "Manual de supervivencia psicolóxica precompetitiva", da man de Iván Pico, onde coñeceremos ferramentas prácticas para afrontar a presión, controlar os nervios e preparar a mente para competir.
🛡️ "Defender para gañar: os principios da defensa no fútbol gaélico", con Anton Tohill. Unha sesión centrada nos conceptos clave do xogo defensivo, a organización colectiva e a importancia da defensa como base do éxito competitivo.
Un espazo para compartir coñecemento, experiencias e seguir fortalecendo a nosa comunidade deportiva.
Queremos agradecer especialmente o CPIP Antonio Orza Couto e ao Concello de Boqueixón pola cesión das instalacións.
📍 Boqueixón
📅 Sábado 13 de xuño
🕛 A partir das 12:00 h
Agardámoste!
24/05/2026
Os World Games son o gran encontro internacional dos deportes gaélicos
Seleccións e clubs de todo o mundo compiten nun torneo único arredor dos deportes tradicionais irlandeses, nun escenario onde o nivel e a paixón se xuntan en cada partido.
Galicia estará presente en 2026 en Waterford 🇮🇪💙
17/05/2026
💙 Seguen chegándonos imaxes da nosa representación galega no Torneo Féile.
Unha fin de semana inesquecible para o deporte base, levando o fútbol gaélico galego ata Maastricht e demostrando o enorme futuro que vén por detrás.
16/05/2026
✈️🏆 WORLD GAA GAMES 2026 🏆✈️
Os World GAA Games 2026 celebraranse en Waterford (Irlanda) do 13 ao 17 de xullo de 2026.
Unha das grandes citas internacionais do fútbol gaélico, onde Galicia volverá estar representada nun escenario de máximo nivel, amosando o crecemento e a forza do noso deporte.
Preparación, ilusión e ambición para unha das grandes citas do calendario internacional.
05/05/2026
🌍 TORNEO EUROPEAN FEILE
Os nosos equipos Lugh (masculino) e Supernova (feminino) conquistan o Feile internacional e proclámanse campións e campioas de Europa en categoría cadete en Maastricht, Paises Baixos.
👏👏👏👏👏😍
Acontravento Galiza Puntogal Dominio Galego Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Gaelic Games Europe Ladies Gaelic Football GAA World GAA As Nosas Deportes - O xornal da muller no deporte en Galicia Deporte Galego
02/05/2026
🏆 COPA GALEGA 2026 | MASCULINO 🏆
No masculino, o Keltoi reafirmou o seu dominio cunha traxectoria impecable: pleno de vitorias, autoridade nas eliminatorias e unha nova final gañada ante o Estrela Vermelha. Un triunfo que lles permite completar o dobrete Liga-Copa.
A xornada deixou tamén protagonismo para o Keltoi Estibadores, campión do Shield, e para o , vencedor da Plate.
Presente sólido e futuro prometedor para o fútbol gaélico galego.
02/05/2026
🏆 COPA GALEGA 2026 | FEMININO 🏆
A Fieiteira foi testemuña dunha xornada histórica para o fútbol gaélico galego, cunha competición que reuniu a máis de 200 xogadoras e xogadores.
Grazas a .lorchos por facer posible, por terceira vez, unha cita imprescindible no calendario.
No terreo de xogo, as Fillas de Breogán volveron ao máis alto nove anos despois. Un torneo impecable, construído dende a solidez e a ambición, que as devolve ao lugar que xa conquistaran en 2017.
A xornada deixou tamén un fito especial: as acadaron o seu primeiro título oficial, proclamándose campioas do Shield.
Un paso máis no crecemento e consolidación do fútbol gaélico feminino en Galicia.
01/05/2026
🌍🏆 RUMBO A EUROPA!
Os nosos equipos Supernova (feminino) e Lugh (masculino), como campións da Copa Galicia 2026, representarán a Galicia no European Féile 2026 en categoría cadete 💪
📍 Maastricht, Países Baixos
📅 Sábado, 2 de maio
Alí enfrontaranse a equipos de toda Europa como Luxemburgo, Berlín, Bruxelas e moitos máis, levando o noso gaélico máis alá das nosas fronteiras 🇪🇺🏐
Moita sorte, equipos! Estamos moi orgullosos/as de vós 💙
Puntogal Dominio Galego Acontravento Galiza Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Gaelic Games Europe
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la empresa
Teléfono
Página web
Dirección
Galicia
Santiago De Compostela