Santiago Rugby Club

Santiago Rugby Club

Compartir

Equipo de Rugby de Santiago de Compostela Aquí podedes atopar un grupo de amigos aos que lles una unha paisón... o Rugby! Vémonos nos adestramentos!!

O deporte de equipo por excelencia onde aprenderás que os valores coma o esforzo, a generosidade, o sacrificio e a solidaridad fan diferente esta modalidade. Un deporte onde formarás parte dun todo no que hai cabida para tod@s. Altos, baixo, gordos, fracos... o importante son as ganas. Ti pon isto e encontrarás un oco con nos.

16/06/2026

O venres 26 teremos a nosa asamblea de final de tempada. A primeira convocatoria será as 19h e a segunda ás 19:30h.
Lembramos da importancia de que os socios acudan.

15/06/2026

Dende Kenya chéganos esta fermosa foto dun rugbier coa nosa camiseta.
Grazas a Joaco e a Norm Maxwell polo gran labor que estades a facer e por levar un anaco do rugby galego a outros lugares do mundo.

Photos from Santiago Rugby Club's post 13/06/2026

O xoves tivemos a festa de fin de tempada onde compartimos comida, bebida e moitas diversión.
Moitas grazas a Telepizza Santiago de Compostela polas súas riquísimas pizzas ❤️

Photos from Santiago Rugby Club's post 11/06/2026

Esta finde as seleccións femininas M16 e M18 desprázanse a Valladolid para xogar o CESA de rugby 7. Parabéns a todas e en especial ás nosas! Desfrutade moito da experiencia 💛🖤

Por outra parte en Compostela teremos unha xuntanza das categorías M14 M16 e M18 para desfrutar dunha tarde de rugby e pechar así a tempada.

Achégate a animar! 💛🖤

Photos from Santiago Rugby Club's post 05/06/2026

Sábado de adestramentos das seleccións de cara a preparar o seven.
Por unha banda, o masculino M18 adestra en Lalin e por outras, as seleccións M18, M16 e M14 de segundo ano se preparan na Estrada.

Moitos parabéns ós representantes do noso clube 🖤💛

Photos from Santiago Rugby Club's post 30/05/2026

Hoxe temos a derradeira concentración de escolas organizada por onde os máis peques despediránse do rugby ata despois do verán. Ademáis, teñen adestramento as categorías M16 e M18 feminino para preparar o seven.

Achégate a animar 💛🖤

28/05/2026

Aproveita este mes de xuño para vir probar o rugby!!!
Co bo tempo pásase moito mellor ☀️😎

Anota os nosos horarios:

🟡 Escola e M14 (ata 14 años) : luns e mércores de 19:00 a 20:30 h

⚫️ M16 e M18 (de 14 a 17anos): luns e mércores de 20 h a 21:30 h

🟡 Sénior feminino: luns e mércores de 21:30 h a 23:00, venres de 20:15 h a 21:30h

⚫️ Sénior masculino: luns, mércores e venres de 21:30h a 23:00h

Photos from Santiago Rugby Club's post 22/05/2026

Esta sábado, en Vigo, xogan a Copa Xunta os nosos M16 xunto con
O domingo, teñen adestramento de seven as seleccións femininas e masculinas.

🖤💛

Photos from Santiago Rugby Club's post 19/05/2026

Este sábado celebrouse a Copa Xunta para conmemorar o Día das Letras Galegas.
O Sénior Feminino alzouse coa copa tras enfrentarse ao resto dos equipos.
Noraboa as nosas chicas!!!

💛🖤











galego



15/05/2026

Volve a Copa Xunta para celebrar o Día das Letras Galegas!!!
Mañá temos as finais dos equipos, M14, M18, Sénior Masculino e Feminino organizadas por .rc .
As nosas chicas teñen ás 12:20 o seu primeiro partido.
A semana que ven, será o turno dos M16.

Achégate a animar!!

💛🖤











galego



¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 20:00 - 21:30
Miércoles 20:00 - 21:30