Tempos e Menssana

Tempos e Menssana Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Tempos e Menssana, Estudio de danza, Fernando III El Santo, 12. Galerías Valle Inclán, Santiago de Compostela.

Danza del vientre, bailes de salón, ballet, salsa, bachata, moderno, twerk, reggaeton, fitness, entrenamiento personal, pilates, circuito de fuerza, yoga... Busques lo que busques, somos nosotros.

En outubro ampliamos as actividades de ballet con Paloma Couselo que vos viñamos anunciando durante o verán. 🩰👉🏻 Abrirem...
16/09/2026

En outubro ampliamos as actividades de ballet con Paloma Couselo que vos viñamos anunciando durante o verán. 🩰

👉🏻 Abriremos un grupo novo de técnica de ballet avanzado (para preparación dos exames da Royal Academy of Dance ou simplemente para mellorar en técnica de danza clásica).

👉🏻 Lembrarvos que xa está en funcionamento o grupo de técnica de ballet de nivel iniciación, os venres de 19 a 20 h, no que aínda temos prazas dispoñibles.

👉🏻 E para quen sempre quixese aprender ballet desde cero pero non tivera oportunidade, en outubro tamén abrimos grupo de ballet iniciación para adultos .
En principio para maiores de 30 anos, pero somos flexibles se algunha persoa máis nova se quere unir. 😊

Coma sempre, podedes probar sen compromiso e, se xa sodes alumnos/as en activo, teredes desconto.

Apúntate para vir probar e desfruta de tódolos beneficios que aporta a danza clásica para o corpo e a mente. 💖

Comparte esta info con outras persoas ás que creas que lles poida interesar! 😃

Xa temos data de inicio para o novo grupo de iniciación a ritmos latinos e de salón que nos levabades tanto tempo pedind...
11/09/2026

Xa temos data de inicio para o novo grupo de iniciación a ritmos latinos e de salón que nos levabades tanto tempo pedindo! 🎉

Aprenderemos a bailar salsa, bachata, merengue, kizomba, chachachá, etc., desde cero. 😊

Comezamos coas clases o vindeiro venres, 18 de setembro, de 20 a 21 h. 💃🏻

Apúntate para vir probar sen compromiso. Prazas limitadas! 📲

Os martes deste curso temos a Fran Vidal "in da jaus"! Ás 20:30 h con ritmos latinos I (salsa e bachata para quen xa se ...
04/09/2026

Os martes deste curso temos a Fran Vidal "in da jaus"! Ás 20:30 h con ritmos latinos I (salsa e bachata para quen xa se defenda un pouquiño), e ás 21:30 h con West Coast Swing. 🎶

Fannos falta líderes! Animádevos a probar sen compromiso e preparádevos para aprender con moooi bo rollo. 🕺

Marchamos de vacacións, pero o primeiro martes de setembro xa volvemos coas pilas cargadas para inaugurar o novo curso c...
14/08/2026

Marchamos de vacacións, pero o primeiro martes de setembro xa volvemos coas pilas cargadas para inaugurar o novo curso con todos os nosos deportistas, bailaríns e bailarinas. 🔋 En nada vémonos! 😎

🗓️ Aquí van os horarios do curso que vén! Lembrade que iniciamos o curso 26/27 o martes 1 de setembro, e que á volta das...
31/07/2026

🗓️ Aquí van os horarios do curso que vén!

Lembrade que iniciamos o curso 26/27 o martes 1 de setembro, e que á volta das vacacións iremos anunciando novas actividades, así que preguntade sempre en recepción para ter a versión máis actualizada dos horarios, que ás veces van mudando ao longo do curso con novidades. 😉

Vémonos en setembro para seguir bailando e adestrando! 🎶

Novidade para todas aquelas persoas que sempre quixestes facer ballet e nunca tivestes a oportunidade, o curso que vén t...
30/07/2026

Novidade para todas aquelas persoas que sempre quixestes facer ballet e nunca tivestes a oportunidade, o curso que vén teremos clases de ballet iniciación para adultos (+30) coa nosa profe Paloma. 😊

Despois das vacacións anunciaremos horarios e cando inician as clases, e lembrade que continúa o grupo de técnica de ballet para quen queira mellorar a súa base de danza ou preparar os exames da Royal Academy of Dance, os venres de 19 a 20 h. 🩰

BOMBAZO 💣 Volven as clases de West Coast Swing o curso que vén! 🎶Estade atentos e atentas, porque á volta das vacacións ...
29/07/2026

BOMBAZO 💣 Volven as clases de West Coast Swing o curso que vén! 🎶

Estade atentos e atentas, porque á volta das vacacións anunciaremos os horarios de West con Fran Vidal, único Allstar en Galicia e segundo en España, e promotor do Arousa Westie Fest, evento de referencia deste estilo de baile na nosa terra. 😃

Hoxe presentamos á nova profe de danza oriental. Con todas e todos vós: NADIA RILO! 👏🏻👏🏻👏🏻 Baila con NadiaNadia leva 18 ...
27/07/2026

Hoxe presentamos á nova profe de danza oriental. Con todas e todos vós: NADIA RILO! 👏🏻👏🏻👏🏻 Baila con Nadia

Nadia leva 18 anos dedicada á danza oriental, e 11 anos impartindo clases, compartindo a súa paixón por esta arte con alumnado de diferentes niveis.

É organizadora do Festival Compostela Raks e da gala anual de danza Shukran, ademais de terse formado como bailarina e profesora con recoñecidos mestres nacionais e internacionais.

Nas súas clases combina técnica, expresión e desfrute, ensinando Danza Oriental tradicional, Folclore Exipcio e Danza do Ventre Fusión, adaptando a ensinanza ás necesidades de cada alumna.

Poderedes asistir ás súas clases a partir de setembro, no mesmo día e horario que os cursos anteriores: os luns de 21 a 22 h. Reserva a túa praza para aprender e g***r deste estilo de danza tan divertido, feminino e poderoso. 🎵🎶

En agosto baixamos o ritmo. Os bailaríns descansan e temos á maioría do persoal de vacacións, polo que as dúas primeiras...
21/07/2026

En agosto baixamos o ritmo. Os bailaríns descansan e temos á maioría do persoal de vacacións, polo que as dúas primeiras semanas do mes aínda poderedes asistir a clases deportivas.

A segunda semana de agosto a escola permanecerá pechada por vacacións, e retomaremos as actividades habituais o martes 1 de setembro.

Proximamente actualizaremos por aquí os horarios de setembro, para que vexades o que temos preparado para o curso 26/27. 😉

13/07/2026

Dirección

Fernando III El Santo, 12. Galerías Valle Inclán
Santiago De Compostela
15701

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:30
Martes 09:00 - 22:30
Miércoles 09:00 - 22:30
Jueves 09:00 - 22:30
Viernes 09:00 - 22:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34647913694

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tempos e Menssana publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría