21/07/2026
O pasado sábado foi día de TRIATLÓN en Ferrol. Antes da celebración do Triatlón Cidade de Ferrol e o Triatlón Youth, programouse en horario de mañá o Campionato Galego de Triatlón de menores que fora suspendido o 4 de xullo por mor da alerta vermella.
O cambio de data (MÁIS QUE XUSTIFICADO) motivou que desta volta acudira unha representación significativamente menor do que estamos acostumados. Con todo, s deportistas da Escola FERRECAL Triatlón Compostela foron coas mesmas gañas e ilusión de sempre, pensando en dar o mellor de si.
Resultou ser un día compricado de competición. Nunha das primeiras probas do día un dos nosos deportistas sufría un percance no sector da natación, feito que afectou ao noso estado de ánimo ao longo de toda a xornada. Todo quedou nun susto grande e dende aqui quixéramos AGRADECER ENORMEMENTE a atención e coidados prestados, dende as persoas que se acercaron nada máis chegar o cativo, asi como ás persoas da organización que se preocuparon polo seu estado e, como non, ao equipo médico da ambulacia. GRAZAS a TOD@S!!!.
Queda entre s nos@s deportistas un sabor amargo polo acontecido no Campionato Galego mais isto é deporte e de cada proba, de cada competición, poden levar unha aprendizaxe. Os resultados non teñen por qué ser sempre como desexamos e hai que aprender a aceptalos tal e como veñen. Viñémonos de volta para Compostela cun 3º posto individual en benxamín feminino e moi satisfeitos e orgullosos d@s nos@s deportistas 😉 .
Noraboa ao resto de Clubes Galegos pola participación, compromiso co noso deporte e polos resultados acadados, en especial á familia do polo esforzo e sacrificio de sacar adiante outra proba para peques, grazas polo traballo que realizades!!.
Próxima estación: Campionato Galego de Acuatlón o vindeiro 31 de xullo en Narón, alí estaremos!!!
.restaurantes