29/12/2023
Trail Curto de Lousame. Hoxe pechamos inscricións en www.emesports.es
Somos un grupo de corredores de Santiago de Compostela con ganas de pasalo ben.
10/02/2022
ENQUISA TARTARUGUIL:
Qué carallo leva Ibán na cabeza?
A.- Un aparello para pillar cobertura 5G
B.- Os manguitos: non traían instruccións
C.- Casi estamos no antroido: pode levar o que lle Pete.
08/02/2022
Cando hai que darlle zapatilla, tamén se lle dá.
Javi e Satiro voaron este finde en padron10k.
01/02/2022
Pasatempos no FB das tartarugas: Serás quen de atopar as 7 diferencias?
Comezou o trail series de Arousa NeO e o equipo para o circuito deste ano xa está en marcha.
Vamos Tartarugas!!.
28/12/2021
Si amiguiños, si!!
Xa está aquí aquelo que tantos pediades. Algo mellor que o robot de cociña do Lidl: A posibilidade de ser Tartaruga Premium.
Non levas ben as costiñas?: Baixamosche o desnivel positivo.
Hai demasiada lama?: Pasámoslle o secador a ese trail.
O entreno ten demasiadas series?: Buscamos quen as faga por tí!.
Qué nada (nin nadie) che quité a ilusión de practicar o teu deporte favorito por só 25€ ao día. Si, si, oíches ben: unha única cota anual de 9.125 € e fora problemas.
Promoción válida ata o 28 de decembro de 2021 ou fin de existencias. Promoción non válida para Canarias, Bielorrusia e Afganistán.
Impresionante!!!. Estás tartarugas, no seu camiño a van á e voltan cun primeiro e un segundo posto nas súas categorías.
Parabéns e Olalla por eses podiums!
18/10/2021
Finde no que Paz, Gonzalo e David foron a sumar kilómetros á XXVI medio maraton de pontevedra. En Compostela Motor Seat teñen vehículos usados con menos kilómetros dos que llevan esta xentiña este ano.
Noe, a nosa atleta máis internacional, tamén o dou todo na Oxford half marathon 2021.
13/10/2021
Outro finde no que saímos de carreira; este domingo participamos no V Cross Cabo Udra .
A preparación para a Maratón Valencia non limitou nin un chisco o terceiro tempo desta xentiña.
07/10/2021
Edu volveu a completar o Desafio ULTRA El Cainejo : 52 kms e 10.200 metros de desnível acumulado, e aínda é quen de sorrir á camara ao rematar. Unha barbaridade!!, Un crack!!.
06/10/2021
Finde de carreiras, no que Ferre nos representou na carreira solidaria de Boiro. No 15K Do Atlántico Banco Mediolanum participaron Paz, Gonzalo e Olalla, que fixo pódium nesta carreira.
Despois da celebración siguen sumando kilómetros na preparación para o Maratón Valencia .
Forza, Tartarugas !!.