xả 65k
Club Deportivo Fontiñas Secc. Montaña
Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Club Deportivo Fontiñas Secc. Montaña, Club deportivo, Rúa Varsovia, 4C-4º, Santiago de Compostela.
O Club Deportivo Fontiñas - SECCIÓN MONTAÑA- é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo principal o fomento e práctica da actividade física e deportiva.
23/05/2022
Pois pese a néboa 🌫 a ruta do domingo estivo ben, foi diferente, tamén tivo o seu encanto.
Se a repetides co ceo despexado 🌞 pois.... faredes unha nova ruta.
Moitas grazas aos guías polas súas explicacións, e por ir sempre tan atentos aos seus "tracks" 🧭 porque visibilidade non había ningunha.
E grazas aos que viñestes!!!.
Vémonos de novo o 12 de xuño.
https://clubdeportivofontinas.com/programacion-2a-trimestre/
21/05/2022
Faltaba o álbum do último día en Asturias. Como os demais días, a ruta foi espectacular, cunha visibiliade total (como poucas veces hai no Pico Pienzu), tiñamos a montaña por un lado, o mar polo outro...
20/05/2022
Que ben o pasamos na viaxe a Picos de Europa!!!
⛰️🏞🌳🌾⚘️
🐂🐎🐑🐐🦌
https://clubdeportivofontinas.com/programacion-2a-trimestre/
18/05/2022
🟢RUTA CIRCULAR de VILABOA, Noia
🔹️Domingo 22 de maio
● Recordamos que, ata este xoves ás 20:30, está aberto o prazo para anotarse a esta saída.
● Nela iremos a carón do río Vilaboa, teremos unhas vistas impresionantes das rías de Noia e de Vilagarcía, camiñaremos por unha calzada medieval, pasaremos polo curro de Pousacarro...
💠 Para o domingo xa non dan calor.
■ Para apuntarse hai que mandar un correo 👉 [email protected]
■ Tedes toda a información 👉 https://clubdeportivofontinas.com/circular-de-vilaboa-noia/
18/05/2022
E para non perder a forma, este domingo 22 seguimos andando: Circular de Vilaboa, Noia. Tedes a información 👉 https://clubdeportivofontinas.com/circular-de-vilaboa-noia/
17/05/2022
Os guías deThe Bear Outdoor preparáronnos 4 impresionantes andainas por Asturias.
É todo un luxo que esta xente nos leve de ruta.
Mágoa que esta viaxe acabe hoxe!!
Porque Asturias é un paraíso natural!!
Pero o domingo 22 xa temos outra ruta (Circular por Vilaboa, Noia), e tamén iremos polas nosas "montañas" e veremos as nosas rías: a de Noia e Vilagarcía.
https://clubdeportivofontinas.com/circular-de-vilaboa-noia/
https://clubdeportivofontinas.com/viaxe-aos-picos-de-europa-occidentais-na-ponte-das-letras-galegas-2/
16/05/2022
Pois ao final a ruta de hoxe levámola ben, grazas a que non nos fixo calor,
a que os guías nos marcaron un ritmo axeitado,
e sobre todo, grazas a vós, sendeiristas, sodes os mellores!!. 👏👏👏
https://clubdeportivofontinas.com/viaxe-aos-picos-de-europa-occidentais-na-ponte-das-letras-galegas-2/
15/05/2022
Dicíanos unha das guías que, esta ruta ela tíñaa marcada como o paraíso e... efectivamente, hoxe estivemos nun dos paraíso de Picos.
Moitas gracias a por ensinarnos sitios tan fermosos, e grazas tamén a Pablo polo ben que nos levou por tanta curva...
Mañá toca subir a Sotres.
Ánimo compañeirxs, nós podemos! 💪💪💪
15/05/2022
🟢 Ruta circular por Vilaboa, Noia 🟢
🔸️ Domingo, 22 de maio 🔸️
■ Nesta andaina 🥾 pola serra do Barbanza:
▪︎ Empezaremos na aldea de Vilaboa 🏘 xunto ao río do mesmo nome.
▪︎ Pasaremos por varios miradoiros, dende os que contemplaremos a ría de Noia 🏞 co seu monte Louro ⛰️
▪︎ Ao chegar ao Iroite teremos unha visión de 360° 🌐 polo que tamén veremos a ría de Vilagarcía 🏝
.........
■ Tedes toda a información dela 👉
https://clubdeportivofontinas.com/circular-de-vilaboa-noia/
■ Xa vos podedes anotar, mandando un correo 👉 [email protected]
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Rúa Varsovia, 4C-4º
Santiago De Compostela
15707
Horario de Apertura
| Lunes | 11:00 - 13:00 |
| Martes | 18:30 - 20:30 |
| Miércoles | 11:00 - 13:00 |
| Jueves | 18:30 - 20:30 |
| Viernes | 11:00 - 13:00 |