Selección Galega de Fútbol Gaélico

Selección Galega de Fútbol Gaélico

Compartir

FB oficial da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Entidade deportiva que pertence a Asociación Galega de Fútbol Gaélico formada polos clubs federados na GAA e LGFA.

17/06/2026

Nova chaqueta da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐

As mellores galas para representar ao noso país no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en xullo en Irlanda 🇨🇮✊🏻

Dispoñibles a través de:

- O crowdfunding da selección galega:
https://tally.so/r/b5v8W7

- Na loxa online de Acontravento:
https://acontravento.gal/etiqueta-producto/seleccion-galega-de-futbol-gaelico/

📸 Antía Iglesias
🩵 Asociación Galega de Fútbol Gaélico - Selección Galega de Fútbol Gaélico

Photos from Selección Galega de Fútbol Gaélico's post 16/06/2026

Esta fin de semana a Selección Galega de fútbol gaélico reuniuse en Boqueixón - O Forte para unha xornada de formación e preparación de cara aos World Games 2026.
A sesión contou coa participación de Iván Pico, psicólogo da Escola de Adestradores da RFGF, que impartiu a charla "Manual de supervivencia psicolóxica precompetitiva", achegando ferramentas para afrontar a competición ao máis alto nivel.
Ademais, Anton Tohill, xogador do Derry GAA, compartiu a súa experiencia na sesión "Defender para gañar: os principios da defensa no fútbol gaélico", afondando nos conceptos do xogo.
Unha xornada para seguir medrando dentro e fóra do campo, sumando coñecemento e preparación no camiño cara aos World Games 2026. 🇮🇪💙

14/06/2026

A menos dun mes dos World Games 2026, as nosas continúan preparando o gran reto do verán. 💙🏐

Esta semana contamos coa visita de Anton Tohill , xogador do Swatragh GAC, dentro do programa de intercambio internacional de xogadores promovido por Gaelic Games Europe para impulsar o desenvolvemento do fútbol gaélico na Península Ibérica.

Nos adestramentos do xoves e do sábado compartiu a súa experiencia e achegou consellos técnicos ás nosas xogadoras de cara aos World Games.

Moitas grazas, Anton, pola túa visita e por axudarnos a seguir medrando.

La selección gallega busca fondos para participar en el Mundial de fútbol... gaélico 11/06/2026

A nosa Selección Galega xa ten a vista posta en Waterford 2026. 💙🏐
O Faro de Vigo recolle o reto que temos por diante e a campaña posta en marcha para facer posible a participación das nosas seleccións nos World Games, a maior competición internacional de fútbol gaélico fóra de Irlanda. Galicia estará representada por unha das expedicións máis numerosas do torneo.
📖 Le a nova completa:

La selección gallega busca fondos para participar en el Mundial de fútbol... gaélico Los dos equipos del deporte participarán en Irlanda en los World Games, donde acudirán más de 200 equipos de los cinco continentes

10/06/2026

Xa levamos recadados 1.600 € para os World Games 2026.
Grazas á colaboración de Jon Olabarrieta, Clara Salamanca, Francisco Javier Arias, Eugenio González, Olalla Rodil, Saray Alonso, Jorge González, Riazor Blues, Xosé Baamonde e outras 21 persoas doantes anónimas, seguimos avanzando cara ao noso obxectivo.
Cada achega conta e achéganos un pouco máis a Waterford 2026. 🏐🇮🇪
Moitas grazas polo voso apoio e confianza!

09/06/2026

A Selección Galega precísate para chegar aos World Games
A Selección Galega de Fútbol Gaélico enfróntase este verán aos World Games 2026 en Waterford 🇮🇪, o maior torneo internacional do deporte.
Para facer posible a viaxe e a participación da selección, abrimos unha campaña de crowdfunding coa que podes colaborar directamente neste proxecto.
Cada achega, por pequena que sexa, axuda a levar a Galicia ao escenario internacional e a seguir facendo medrar o fútbol gaélico no noso país. 💙

👉🏽 https://tally.so/r/b5v8W7

Photos from Selección Galega de Fútbol Gaélico's post 31/05/2026

💙 Xa temos equipo.

Estas son as 28 xogadoras que vestirán a camiseta da Selección Galega nos World Games 2026 e representarán a Galicia no escenario internacional.

Moita sorte e forza para este novo reto!

16/05/2026

Unha das nosas grandes representantes a nivel internacional, Mariví, compartiu coa organización dos Gaelic Games Europe Féile o enorme traballo que se está a realizar en Galicia co deporte base.

E a mellor demostración chegou no campo: dobre vitoria galega no torneo Féile desa mesma fin de semana.

Presente e futuro do fútbol gaélico galego. 💙

16/05/2026

🌍🏆 Maastricht fala galego 🏆🌍

No 2026 Gaelic Games Europe Féile, celebrado o pasado 2 de maio en Maastricht, as nosas representantes de Estrela Vermelha proclamáronse campioas tras unha actuación brillante durante todo o torneo.

Nun evento histórico que reuniu a máis de 210 xogadoras e xogadores de toda Europa, o fútbol gaélico galego volveu demostrar que o futuro segue medrando con forza.

Parabéns, campioas. 💙

Photos from Asociación Galega de Fútbol Gaélico's post 16/05/2026
¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Galicia
Santiago De Compostela