Fundación Universidade de Santiago de Compostela

Fundación Universidade de Santiago de Compostela

Compartir

A Fundación USC ten a condición de medio propio personificado da USC.

A Fundación ten como finalidade de interese xeral colaborar na promoción e desenvolvemento dos fins propios da Universidade de Santiago de Compostela, contribuíndo a exercer con eficacia e eficiencia as funcións que a institución ten asignadas así como a promoción, incentivo e desenvolvemento da actividade físico – deportiva preferentemente na Comunidade Autónoma.

05/06/2026

ℹ Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades da Área Deportiva da USC, impartidas por persoal da Fundación USC.

Pódese elexir entre ioga, kung fu, ximnasia de mantemento, mindfulness, Pilates, tai chi - chi kung, ximnasia terapéutica, natación, aquagym, natación terapéutica, natación pre-post parto e tenis.

🔗 https://www.usc.gal/gl/servizos/area/deporte/actividade-dirixidaescolas

Photos from Fundación Universidade de Santiago de Compostela's post 15/05/2026

O grupo de sendeirismo da Universidade de Santiago de Compostela guiado por persoal da Fundación USC, , atópase esta ponte da Ascensión realizando actividades de montaña na vertente asturiana dos Picos de Europa.

12/05/2026

Día das Letras Galegas 2026. Begoña Caamaño, xornalista, escritora e activista do feminismo galego contemporáneo.

Co gallo desta conmemoración a Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar «Begoña Caamaño: mudar o mundo». Edición ao coidado de María Xesús Nogueira Pereira.

👉 Dispoñible nas tendas da USC de Fonseca, A Domus do Mitreo e no servizo de reprografía.

👉 Non perdas a mostra «As voces de Begoña Caamaño», do 5 ao 28 de maio no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. Realizada pola A USC, a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura. Homenaxe que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.

Photos from Fundación Universidade de Santiago de Compostela's post 13/04/2026

Publicado o catálogo da exposición "Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX". A exposición, inaugurada en 2024 en Fonseca, xa visitou Lisboa e continúa a súa itinerancia neste 2026.

ℹ Toda a información en https://www.liricasgalegas.com/

Desde o inicio do proxecto contaron co Servizo de reprografía para o seu deseño e montaxe, agradecidos aos organizadores por contar con nos neste interesante proxecto.

Photos from Fundación Universidade de Santiago de Compostela's post 02/04/2026

O sábado 21 de marzo, dentro da programación da área deportiva da USC, levouse a cabo unha actividade de iniciación á escalada en Donón (Cangas) en colaboración coa Escola Galega de Alta Montaña - EGAM .

Photos from Fundación Universidade de Santiago de Compostela's post 11/03/2026

Fotos da ruta de sendeirismo do pasado sábado 21 de febreiro. Subimos ao monte Capeloso dende Las Herrerías (Vega de Valcarce, León).

Esta ruta forma parte do programa Cumios, formado por tres actividades que permiten coñecer a montaña en diferentes estacións do ano. Nesta ocasión desfrutamos do inverno en todo o seu esplendor xa que nas zonas máis altas había algo de neve.

En xuño terá lugar a última ruta deste programa para coñecer o Pico Formigueiros, no Courel, na primavera.

Consulta as próximas actividades de sendeirismo do mes de marzo, para as que xa está aberta a inscrición, https://bit.ly/40IUOW0

23/01/2026

📍 A Oficina de Congresos da Fundación USC encárgase da secretaría técnica de numerosos encontros científicos e académicos que se celebran ao longo do ano na Universidade de Santiago de Compostela.

🧬 Como o II Workshop de Biofabricación Aditiva, celebrado estes días na Facultade de Bioloxía, que reuniu a máis de 140 investigadores e investigadoras de todo o mundo arredor da investigación en biofabricación aplicada á biomedicina.

👩‍🔬👨‍🔬 O encontro foi organizado por Patricia Díaz Rodríguez, Bárbara Blanco Fernández e Luis A. Díaz Gómez, docentes da Facultade de Farmacia e investigadores do Instituto de Materiais (iMATUS), e contribúe a consolidar a USC como referente neste ámbito científico.

🔗 Se estás a organizar un evento e precisas asesoramento ou apoio profesional, contacta coa Oficina de Congresos da USC.

📩 [email protected]

🌐 oficinadecongresosusc.com

20/01/2026

📣 Coñeces o servizo de reprografía da Fundación USC?

Un espazo pensado para dar resposta ás necesidades da comunidade universitaria, ofrecendo servizos de reprografía, edición e impresión dixital cun funcionamento áxil e de calidade.

Que podes atopar?
▪️ Impresión láser, gran formato e dixitalización de documentos.
▪️ Servizos de deseño gráfico e comunicación visual.
▪️ Envío de traballos desde distintos puntos e impresión directa desde a nube.
▪️ Opcións de autoservizo e mensaxería rápida para a entrega de documentación en centros e facultades.

Podes consultar todos os servizos en servizosdixitais.fundacionusc.gal

Un recurso práctico, flexible e sostible que facilita o día a día académico.

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Avenida Das Ciencias 6, 1A. Campus Vida. Santiago De Compostela
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 15:00