13/06/2026
🇪🇺Hoxe estaremos moi pendentes de Alberto González García , que competirá ás 18:30 no Campionato de Europa en Tarragona.
Moita sorte e a por todas! Todo o club está contigo. 💪🦓
Concellaría de Deportes de Santiago de Compostela
ABANCA
Deporte Galego
Turismo Deputación da Coruña
Dalle Pedal
Federación Galega de Tríatlon
02/06/2026
Fin de semana intenso en Roquetas para disputar a 3ª e 4ª xornada da Liga. O sábado, Campionato por Clubs en distancia sprint e o domingo, relevos por parellas.
O equipo masculino segue demostrando que, pasiño a pasiño, xornada a xornada, está máis preto dos mellores da competición. O sábado un 6º posto que nos deixou con ganas de máis, e o domingo conseguimos unha medalla de chocolate nos relevos por parellas, quedando moi preto do podio.
No equipo feminino percibimos algunhas baixas importantes, pero non podemos estar máis orgullos@s da entrega, compromiso e ilusión de todas as nosas deportistas. Rematamos na 12ª posición o sábado e na 13ª o domingo, competindo e loitando ata o final. Mención especial para as dúas peques que, no seu primeiro triatlón sprint, demostraron unha valentía e unha actitude de primeira, pelexando cada metro para aportar o máximo ao equipo.
Máis alá dos resultados, volvemos para casa coa satisfacción de ver un grupo unido, comprometido e con ganas de seguir medrando. Porque cada esforzo suma e cada xornada axúdanos a estar un pouco máis preto dos nosos obxectivos.
Quedan aínda 3 xornadas en Elche no mes de setembro, que prepararemos a conciencia para seguir medrando, aprendendo e pechar a tempada demostrando todo o que este equipo é capaz de facer.
Cabe dicir, como sempre, que é unha grande ilusión poder contar con Nacho González e Álvaro Martínez, aportando e sumando dende fóra. Porque o equipo tamén se constrúe así 🦓🦓🦓🔥
26/05/2026
🏆Campións galegos de liga masculina e feminina de dúatlon 🏆
A última proba de dúatlon en Vimianzo non puido rematar mellor 🦓🦓.
Victoria por equipos tanto en masculino como en feminino, poñendo o broche perfecto a unha liga espectacular.
No individual tamén chegaron grandes resultados:
🥇 Aida García, vencedora da proba
🥉 Alberto Tomé, terceiro posto absoluto
E con isto, pechamos a Liga Galega de Dúatlon con resultados impresionantes:
🥇 Equipo masculino
🥇 Equipo feminino
Clasificación individual masculina:
🥇 Alberto Tomé (Inforhouse)
🥈Juan Bouzon (Atlántico)
🥉Fran País (Inforhouse)
Clasificación individual feminina:
🥇 Aida García (Inforhouse)
🥈 Merce Vidal (Inforhouse)
🥉 Nuria Mejuto (Inforhouse)
Orgullo enorme do traballo, compromiso e ambiente deste equipo durante toda a tempada. Seguimos co tríatlon 🏊🏻♂️🚴♀️🏃🏻♀️
25/05/2026
Esta fin de semana estivemos no Campionato Galego de Dúatlon de Menores celebrado en Cedeira, vivindo unha xornada marcada pola calor, o esforzo e as ganas de competir. ☀️🏃🚴
As nosas cebras dérono todo en cada tramo, loitando ata o final e, sobre todo, desfrutando dunha experiencia inesquecible entre compañeirismo, deporte e superación.
Moi orgullos@s da actitude e do traballo de tod@s participantes. Seguimos sumando aprendizaxes e grandes momentos en equipo! 🖤🤍💪
15/05/2026
En Águilas tamén estiveron os nosos talentos competindo na Liga de 1ª División, vivindo unha experiencia de máximo nivel e sumando aprendizaxe fronte aos mellores equipos do país.
🔸 Equipo masculino
16º na contrarreloxo por equipos
40º nos relevos
🔸 Equipo feminino
16º na contrarreloxo por equipos
21º nos relevos
Máis alá dos resultados, estamos inmensamente orgullosos destes rapaces… e tamén de todo o grupo que hai detrás.
Máis de 30 🦓 de entre 13 e 16 anos que adestran cada día con ilusión, compromiso e compañeirismo. Un grupo unido, que medra xunto, que se empurra nos momentos duros e que celebra cada pequeno avance individual como unha vitoria colectiva.
12/05/2026
Volvemos de Águilas despois de competir na contrarreloxo por equipos e relevos, satisfeitos coa entrega dos nosos deportistas… pero con fame de máis.
As ligas nacionais soben o nivel cada ano, e nós seguimos competindo entre os mellores.
🔹 Equipo Masculino
7º Contrarreloxo por equipos
8º Relevos
🔹 Equipo Feminino
10º Contrarreloxo por equipos
11º Relevos
Tras estas dúas probas, situámonos:
➡️ 8º (masculino)
➡️ 10º (feminino)
na clasificación xeral da Liga Nacional de Primeira División.
Seguimos loitando, aprendendo e, sobretodo, medrando. Isto só acaba de comezar 🦓🦓🔥
07/05/2026
Xa temos aquí o novo XV Campus de Verán de Tríatlon do luns 22 ao 26 de xuño‼️
👧🏾🧒🏼nados entre 2013 e 2021
📆Do 22 ao 26 de xuño
💵60€
Para realizar a preinscripción cubride o formulario do seguinte enlace: https://forms.gle/3v4CerypTVH7JqZ68
Se tendes algunha dúbida chamade ou enviade unha mensaxe ao contacto que se achegan🏊🏽♀️🚴🏽♀️🏃♂️
06/05/2026
Fin de semana en Fuente Álamo no clasificatorio do Campionato de España de Tríatlon 🇪🇸
Ata alí desprazáronse 11 cebras, dando o mellor de si en cada metro 💪
Finalmente, 2 conseguiron a clasificación, pero todos eles fixeron grandes carreiras das que estar moi orgullosos 👏