14/09/2026
30 anos de Natural Sport
Este domingo celebramos unha data moi especial: o 30 aniversario do noso club Natural Sport.
Foi unha xornada chea de emoción e momentos para lembrar, na que tivemos o pracer de contar coa presenza de numerosas autoridades, entre elas o noso alcalde, Francisco Calo.
Queremos compartir con todos vós algunhas imaxes deste día tan especial, no que os nosos deportistas e membros do club estiveron, unha vez máis, presentes e representando a Natural Sport.
Aquí vos deixamos algunhas lembranzas dunha celebración que xa forma parte da nosa historia.
Grazas a todos os que fixestes posible estes 30 anos