23/09/2025
Mes de Setembro xaboneiro da mao do CIM e da Mancomunidade Terras de Celanova, que remata a próxima semana no concello de Cartelle (síntoo, as prazas están completas!)
Para este mes de Outubro...
- Continuamos co curso de herbas medicinais no Concello de Carballeda de Avia. Aínda nos quedan catro sesións, as tardes dos venres 10, 17, 24 e 31 de Outubro. Infórmate no CIM ou no Concello.
-Celebramos o día da muller rural, 11 de Outubro, no Concello de Teo, con un obradoiro no que as herbas medicinais van ser o ingrediente estrela das nosas elaboracións cosméticas.
- Continuamos coa cosmética coas Mulleres Rurais de Lestedo, os dias 14 e 21. E o dia 28 saímos de ruta, a coñecer as medicinas herbais do noso entorno!
- Senda Menciñeira tamén no Concello de Cenlle, o dia 29 de Outubro, para facer acópio de remedios antes de que chegue o frío!
Para mais información, tedes que contactar coas entidades organizadoras que fun citando, eu non levo o tema das inscricións!! Tardo en contestar por rrss, na miña web, www.devagar.eu, tedes co-e que atendo mooooito antes.
Bo Outono!!!