Federación Galega de Montañismo

Federación Galega de Montañismo

Compartir

Página de la Federación Galega de Montañismo. Ten o seu domicilio social e estatutario na rúa Fotografo Luís Ksado, 17 – oficina 10 (36209) de Vigo.

A Federación Galega de Montañismo (FGM) é unha entidade privada, de utilidade pública, sen ánimo de lucro, que goza de personalidade xurídica, patrimonio propio e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. A FGM reúne dentro do territorio galego, ás asociacións, clubs deportivos, técnicos/as, xuíces/zas e árbitros/as e deportistas, dedicados á práctica ou competición dos deportes

Photos from Federación Galega de Montañismo's post 04/09/2026

Nora García Maestu Nora García Maestu hoxe acadou o 2º posto na World Climbing Europe Youth Series Imst 2026 Speed - U19 Women, Copa de Europa. Parabens!!! 👏👏🔥🔥

04/09/2026

🥾 O sendeirismo galego está de noraboa!

O PR-G 268 As Olas do Río Mao, en Ourense, é candidato a Mellor Sendeiro Homologado de España 2026 nos Premios FEDME.

Unha ruta que nos permite descubrir a riqueza natural e o patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, un territorio que une Galicia e Portugal. 🌿

Desde a Federación Galega de Montañismo animámosvos a apoiar esta candidatura e a poñer en valor os nosos sendeiros.

🗳️ Vota por As Olas do Río Mao!
👉 Votación oficial na web FEDME

Cada voto conta. Apoia o sendeirismo galego! 💚

Montañismo

25/08/2026

📢 CANCELACIÓN DA PROBA DE CULLEREDO

A segunda proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica, prevista en Culleredo (Paseo de O Burgo), queda cancelada debido ás obras que se están a realizar no circuíto, xa que non estarán rematadas a tempo para garantir o correcto desenvolvemento da proba.

📍 A segunda proba da Copa será, polo tanto, a de Manzaneda.

🔎 Ademais, xa se está a traballar na procura dunha alternativa para a terceira proba, da que informaremos en canto estea definida.

🙏 Lamentamos as molestias e agradecemos a comprensión de deportistas, clubs e afeccionados.

11/08/2026

Participa na Marcha Galega de Veteranos FGM 2026, o 20 de setembro en Lalín, cun roteiro de 17 km, polo PR G210. Visita á Casa do Patrón e cocido opcional.
Só Federados/as
Organiza Club de Montaña Ártabros e a Vogalía de andainas da FGM.

10/08/2026

E tamén en setembro agárdanos a V Proba da Copa Xunta de Galicia de CxM e Campionato de Clubs CxM no X Trail dos Indios Castelo de Vitres. O 20 de setembro vémonos alí, no trail dos indios 💪🔥💪🔥

07/08/2026

E en setembro agárdanos a XII Proba da Liga Galega de Andainas! a XXII Andaina 50 K Concello de Ribeira, organizada polo Concello de Ribeira e a Asociación de Veciños de Carreira.

Tedes máis información na nosa web, no apartado Actualidade/ Eventos

Vémonos alí!! 🥾🌾

06/08/2026

🏔️ Este agosto, a montaña agárdate. A FGM axúdache a estar preparado/a.

As vacacións son o momento perfecto para desfrutar do sendeirismo, da escalada, das travesías e de todo o que nos ofrece a montaña. Pero ás veces un pequeno imprevisto pode cambiar os nosos plans.

🛡️ Lembra que, por estar federado/a, contas cun seguro de accidentes para que poidas recibir a atención necesaria e volver á montaña canto antes.

📲 Ademais, coa App FGM podes cubrir o teu parte de accidentes de forma autónoma, desde calquera lugar e a calquera hora. Un trámite imprescindible para acceder á asistencia sanitaria, sen depender do horario de oficina.

ℹ️ Máis información sobre o seguro e consulta a guía para tramitar o parte na nosa web, sección licenzas/accidentes

Desfruta da montaña con responsabilidade. Nós axudámosche a estar preparado para que só te preocupes de seguir sumando cumios, sendeiros e aventuras. 💚🏔️

21/07/2026

🔥 O monte é vida. Os incendios non teñen cabida.

Desde a Federación Galega de Montañismo queremos expresar a nosa solidariedade con todas as persoas afectadas pola vaga de incendios que está a sufrir España.
Ao mesmo tempo, trasladamos o noso máis profundo agradecemento e recoñecemento a todas e todos os profesionais, voluntariado e servizos de emerxencia que loitan cada día contra o lume, así como ás persoas que coidan e manteñen vivo o noso medio rural.

Manifestamos a nosa máis firme repulsa ante os incendios forestais e reafirmamos o noso compromiso coa educación ambiental e coa conservación do noso patrimonio natural.

🌿 Coidar o monte é protexer o noso futuro. O lume non pode gañar.

Photos from Federación Galega de Montañismo's post 21/07/2026

Resultados da cuarta e última rolda da Copa de España de Marcha Nórdica en Montmeló:

-Dolly Darlen García Torrico
114⁰ absoluta 10⁰ Cat VAF
Club Cornelios
-Cesar Romay Gómez
68⁰ absoluto 15⁰ Cat VBM
Club Cornelios
-Alberto Fidalgo Pesquera
19⁰ absoluto 3⁰ Cat SNM
Club O Cordal
-José Manuel Iglesias Siso
6⁰ absoluto 1⁰Cat VBM
Club Atletismo Sada

Este ano, por primeira vez, José Manuel Iglesias Siso logrou unha dobre vitoria na súa categoría: campión de España individual e campión da Copa de España na categoría Veteranos B, ao tempo que acadou o cuarto posto na clasificación nacional absoluta.

18/07/2026

✨NOVO CURSO✨
Asegurador/a de competición en escalada deportiva. Se impartirá en dos lugares, o 13 de setembro, en zona sur, que el lugar da instalación todavía está sin confirmar, e o 4 de outubro zona norte no Rocódromo de Riazor na Coruña.

Apúntate xa!

SÓ FEDERADOS/AS

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Fotógrafo Luis Kasado 17
Vigo
E-36209

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:00
16:30 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
16:30 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:30 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:30 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:30 - 19:00