Os Ingleses Rugby Club

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Os Ingleses Rugby Club Os Ingleses Rugby Club de Vilagarcía - Club deportivo amateur de la ciudad de Vilagarcía de Arousa

14/11/2026

Primeiras impresións tras o partido M18 CRAT - Ingleses. Comezamos con Juan adestrador de M18 de CRAT recén chegado de Valladolid onde formou parte do VRAC

💙🖤 M18 | VOLVE Á COMPETICIÓNO noso M18 viaxa a Coruña para enfrontarse ao CRAT no que será o sexto partido da tempada e ...
14/11/2026

💙🖤 M18 | VOLVE Á COMPETICIÓN

O noso M18 viaxa a Coruña para enfrontarse ao CRAT no que será o sexto partido da tempada e o primeiro da segunda volta.

Un novo reto a domicilio para seguir medrando, competindo e defendendo as nosas cores.

💪 Imos, Ingleses!

💙🖤

📢 OS INGLESES RC CONVOCA ELECCIÓNS Á PRESIDENCIA 💙🖤Chega o momento de decidir o futuro do noso club. De acordo cos Estat...
11/11/2026

📢 OS INGLESES RC CONVOCA ELECCIÓNS Á PRESIDENCIA 💙🖤

Chega o momento de decidir o futuro do noso club. De acordo cos Estatutos, a Presidencia de Os Ingleses RC debe renovarse cada catro anos e abrimos o proceso para elixir quen estará á fronte do club durante o próximo mandato.

📅 PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Do luns 16 ao domingo 22 de novembro (ata as 23:59 h).

Poderán presentarse todas as persoas socias a 10 de novembro de 2026. As candidaturas deberán enviarse a [email protected] e incluír os datos persoais do candidato/a, a súa vinculación co club, a motivación para asumir a Presidencia e a proposta de equipo directivo. Se decides presentar candidatura escríbenos DM e mandámosche o detalle.

🗳️ COMO SERÁ A ELECCIÓN?

- Se só se presenta unha candidatura, será proclamada vencedora sen necesidade de votación.
- Se hai máis dunha, cada candidatura poderá presentar o seu proxecto o martes 24 de novembro, entre as 20:30 e as 20:50 h, repartindo ese tempo entre todas.
- A votación será presencial e secreta, mediante papeleta e urna.

📍 DATA E LUGAR DA VOTACIÓN
Martes 24 de novembro, de 21:00 a 22:00 h.
Sede de Os Ingleses RC, rúa Álvaro Cunqueiro 7, Vilagarcía de Arousa.

Poderán votar todas as persoas socias dadas de alta a 10 de novembro de 2026.

A mesa electoral supervisará a votación, realizará o reconto e comunicará os resultados. Será elixida a candidatura que obteña máis votos. En caso de empate, celebrarase unha segunda votación.

O FUTURO DO CLUB CONSTRÚESE ENTRE TODAS E TODOS.

💙🖤 Animamos a todas as persoas socias a participar

OS XOGADORES QUE ACADARON A PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA! 💙🖤Os Ingleses estrearon o seu casilleiro de triunfos na Divisió...
10/11/2026

OS XOGADORES QUE ACADARON A PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA! 💙🖤

Os Ingleses estrearon o seu casilleiro de triunfos na División de Honra B cunha importante vitoria en Gijón (11-15), a primeira a domicilio.

O Gijón adiantouse cun puntapé de castigo no primeiro minuto (3-0), pero os nosos reaccionaron cun ensaio de Roxo, que el mesmo transformou para darlle a volta ao marcador (3-7). Un novo puntapé de castigo do propio Roxo ampliaba a vantaxe (3-10), antes de que os locais recurtasen distancias tamén desde os paus para chegar ao descanso cun 6-10.

Na segunda metade, o Gijón conseguiu poñerse por diante cun ensaio (11-10), pero Os Ingleses non baixaron os brazos. No minuto 73, Bosnio asinou o ensaio que acabaría sendo definitivo para colocar o 11-15 no marcador.

Un triunfo de equipo, de carácter e de compromiso. A quinta foi a vencida! Seguimos, Ingleses! 💙🖤


09/11/2026

Declaracións de Lema tras a primeira vitoria da tempada contra o Gijón

08/11/2026

🎙️ Á quinta foi a vencida! 💙🖤

Despois da primeira vitoria de Os Ingleses RC na División de Honor B, falamos con Javi Torres sobre o triunfo en Gijón (11-15), o traballo do equipo e a importancia de conseguir estes primeiros puntos na categoría.

Un ensaio de Bosnio no minuto 73 decantou un partido moi igualado e permitiu aos nosos estrear o casilleiro de vitorias.

A recompensa ao traballo xa está aquí. E que sexa a primeira de moitas! 💪

💙🖤 Vaaaamos ingleses!!!

🏉 ÚLTIMA XORNADA DA PRIMEIRA VOLTA | DIVISIÓN DE HONRA BOs Ingleses despide mañá a primeira volta da competición cun des...
06/11/2026

🏉 ÚLTIMA XORNADA DA PRIMEIRA VOLTA | DIVISIÓN DE HONRA B

Os Ingleses despide mañá a primeira volta da competición cun desprazamento a Gijón para medirse ao Gijón Rugby Club (16:00 h). Un encontro entre dous equipos que aínda non coñecen a vitoria esta tempada e que afrontan o partido coa necesidade de sumar os primeiros puntos.

O adestrador David Lema define o choque como un «partido de urxencias». O técnico considera que o equipo deixou boas sensacións en tres dos catro encontros disputados, pero recoñece que os erros nas zonas de anotación están penalizando os resultados.

Enfronte estará un rival cunha dianteira potente, polo que Os Ingleses buscará imprimir máis ritmo ao xogo e apostar por un rugby máis dinámico.

O equipo contará coas baixas seguras de Joaquín e Nico, pero viaxa a Asturias coa intención de dar un paso adiante e pechar a primeira volta coa primeira alegría da tempada.

💪 É o momento de transformar as boas sensacións en resultados.

💙🖤 FORZA INGLESES!

Tamén en YouTube

🎄💙🖤 A LOTERÍA DE NADAL DE OS INGLESES XA ESTÁ AQUÍ!Este Nadal, que a sorte tamén xogue de azul e negro! 🍀Xa podes conseg...
05/11/2026

🎄💙🖤 A LOTERÍA DE NADAL DE OS INGLESES XA ESTÁ AQUÍ!

Este Nadal, que a sorte tamén xogue de azul e negro! 🍀

Xa podes conseguir o teu décimo da lotería de Nadal de Os Ingleses por 24 €:

* 20 € correspondentes ao décimo.
* 4 € de recargo.

📌 Importante: a venda é exclusivamente de décimos enteiros.

📲 Podes encargalo por DM en Instagram ou enviando unha mensaxe ao noso WhatsApp (626 74 24 62)

📍 Recollida nos adestramentos, previo encargo.

Non quedes sen o teu! E lembra: este Nadal, a sorte tamén viste as nosas cores.

💙🖤

🏉 Vitoria dos M18 para pechar a primeira volta!Os Ingleses venceron por 20-29 ao Santiago Ourense Lalín o pasado sábado ...
04/11/2026

🏉 Vitoria dos M18 para pechar a primeira volta!

Os Ingleses venceron por 20-29 ao Santiago Ourense Lalín o pasado sábado no campo de rugby da USC.

Mariño e Bruno adiantaron os nosos con dous ensaios nos primeiros doce minutos e unha transformación de Brais (0-12). O conxunto local reaccionou e conseguiu chegar ao descanso co marcador igualado: 12-12.

Nada máis comezar a segunda metade, un ensaio de Nizam, transformado por Brais, devolveu a vantaxe aos Ingleses (12-19). Os locais recortaron cun golpe de castigo antes de que Esteban pousase o cuarto ensaio visitante.

Santiago Ourense Lalín volveu achegarse ata o 20-24, mantendo o encontro aberto, pero un novo ensaio de Bruno no minuto 68 selou o 20-29 definitivo. Cinco ensaios e segunda vitoria para Os Ingleses! 💪

📊 Rematada a primeira volta, Vigo lidera con 21 puntos, seguido de Mareantes con 19, Unión do Norte con 12, Os Ingleses con 10 e CRAT con 9. Santiago Ourense Lalín pecha a clasificación sen estrear o seu casilleiro de puntos.

A seguir medrando, equipo! 🏉



Fotos: .photo

04/11/2026

“Que che aporta o rugby? Todo”

Despois do partido dos nosos M18 en Santiago, non nos puidemos resistir a quedar un pouco máis e falar coas xogadoras do Santiago RC, que xogaban xusto a continuación. 🏉

Entre elas estaba Carmen, xogadora de Fendetestas que esta tempada xoga integrada no equipo feminino do Santiago RC, na Liga Galega Senior Femenina.

E non lles vai nada mal! 💪 Vitoria contundente por 48-10 ante o Campus Univ. Ourense, que as sitúa como líderes da competición con dúas vitorias en dous partidos e un encontro aínda pendente de disputar.

Falamos con Carmen sobre a previa do partido, a tempada e o que é o rugby para ela.

Graciñas Carmen e por compartir un ratiño con nós

Dirección

Alvaro Cunqueiro, 7 Bajo
Villagarcía De Arosa
36600

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Os Ingleses Rugby Club publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Os Ingleses Rugby Club:

Atajos

Compartir

Gimnasios cercanos