Movemento Vilalba

Cómo llegar Contactar con la empresa

Movemento Vilalba Escola de Danza. Movemento. Vilalba, Lugo

Ballet, Contemporáneo, Lírico, Jazz, HipHop, Acro dance, danza adaptada, danza para persoas maiores, danza para persoas con discapacidade, danza moderna, exames de danza.

Se andas pola Feira de Santos de Monterroso, quizais te atopes con tres nenas supertraballadoras que non paran de loitar...
01/11/2026

Se andas pola Feira de Santos de Monterroso, quizais te atopes con tres nenas supertraballadoras que non paran de loitar por acadar os seus soños.

Se as ves, para un momentiño, achégate a elas, pregunta polo seu proxecto e colabora coa súa recadación! Mercando, estarás axudándoas a dar un paso máis cara a ese soño polo que tanto traballan, recibir clases de ballet en Noruega.

Non deixes pasar a oportunidade de botarlles unha man. Ás veces, un pequeno xesto pode achegar moito a alguén ao seu gran soño.

Contamos contigo?

XA TEMOS DATA!!!O sábado 7 de novembro agardámosvos no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba para compartir unha tarde...
27/10/2026

XA TEMOS DATA!!!

O sábado 7 de novembro agardámosvos no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba para compartir unha tarde diferente, chea de danza, ilusión e moitas ganas de coñecervos.

Escollede o voso obradoiro (ou animádevos a participar nos dous!) e vinde pasar un anaco especial connosco. Estamos desexando vervos, conversar, coñecervos e, como non podía ser doutro xeito, bailar un pouquiño xuntos!

Pero esta vez os vosos pasos terán un significado aínda máis especial, porque axudarán a que os nosos poidan seguir adiante. A vosa colaboración é fundamental para que poidamos cumprir os nosos soños.

Sally agárdanos en Noruega para darnos clases de ballet, para compartir connosco os seus coñecementos e axudarnos a medrar como bailarinas. Mais, para facer realidade esta oportunidade, precisamos financiar a nosa viaxe.

E non, non imos rendernos! Seguiremos traballando arreo, dentro e fóra da danza, buscando a maneira de conseguir os recursos necesarios para que os nosos soños non se esvaezan. Porque cando hai ilusión, esforzo e persoas dispostas a botar unha man, os soños poden chegar moito máis lonxe do que imaxinamos.

Grazas por acompañarnos, por apoiarnos e por axudarnos a seguir bailando cara ao noso futuro.

Con todo o noso cariño,

Carlota, Olivia e Adriana.

Ola! Somos Carlota, Olivia e Adriana. Tivemos a sorte de ser convidadas para recibir clases de ballet en Noruega, pero a...
25/10/2026

Ola! Somos Carlota, Olivia e Adriana.

Tivemos a sorte de ser convidadas para recibir clases de ballet en Noruega, pero a viaxe ten un custo moi elevado para nós. A Escola axúdanos asumindo unha parte dos gastos, pero aínda nos queda unha cantidade importante por conseguir.

Como somos unhas auténticas currantas, traballamos arreo para seguir loitando polos nosos soños. Vendemos rifas, lotería… e agora demos un paso máis!

Pedímoslles ás nosas profes que impartan uns talleres de danza abertos a todo o público: nenas, nenos, mamás, papás, avoas, avós, veciñas e veciños de Vilalba… Todo o mundo está convidado! E nós, como non podía ser doutro xeito, tamén estaremos botando unha man nas clases.

Axudádenos a facer realidade o noso soño e prometémosvos unha tarde súper divertida!

Podedes escoller o taller que máis vos guste ou apuntarvos a todos! Cada clase terá unha duración de 45 minutos e, entre unha e outra, haberá 15 minutos de descanso para hidratarvos, coller folgos para a seguinte e, sobre todo, socializar e compartir un bo momento co resto das persoas participantes.

Porque perseguir un soño tamén pode ser unha aventura compartida, chea de danza, risas e novas amizades.
Contamos con vós? Axudádenos a chegar a Noruega!

Pronto publicaremos data e horarios.

22/10/2026

Nas clases de Acro, a preparación inicial é imprescindible!
Quentar, activar o corpo e preparar a musculatura é fundamental para traballar con seguridade, mellorar a técnica e afrontar cada reto acrobático con confianza.

21/10/2026

Peques, supertraballadoras e cheas de ilusión!

Pequenos corpos, grandes soños e un corazón que late ao ritmo da música. Cada paso, cada ensaio e cada sorriso achéganas un pouquiño máis a todo o que son capaces de conseguir.

Porque a danza non entende de tamaños, senón de paixón, esforzo e ganas de medrar.

Son pequenas, pero levan dentro unha forza ENORME!

15/10/2026

Chega o momento de vencer os medos e atreverse a soñar que podes voar.

14/10/2026

Que alegría volver! Xa estamos dándolle forma a este novo curso, con moita ilusión, novas ideas e moitas ganas de bailar xunt@s!

Dirección

Rua As Pedreiras
Villalba
27800

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Movemento Vilalba publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Movemento Vilalba:

Atajos

Compartir