15/04/2016
AROMON PILTRAFILLAS: Resumo do 1º Raid da Liga Galega 2016, celebrado en Cariño:
Este ano contamos cun novo Piltrafilla, Ángel Soto, do noso clube Aromon. Viñamos con moitas ganas de "probarnos", xa que aínda que nos coñeciamos, aínda non coincidiramos en ningunha proba como equipo. E podemos concluir que a experiencia foi xenial para os tres Piltrafillas.
Despois dos preparativos previos ao Raid, nos erguemos con ganas de monte e de escarallar o corpo, e isto, en todo o seu esplendor, foi o que tivemos ao longo do día!.
1ª Sección - Ori Score Urbana: tratábase dunha proba "especial", xa que consistía en conseguir coller balizas por un valor total de 100 puntos no mellor tempo posible. Nesta proba saíron Carla e Ángel, e aínda que se notaban os nervios (sobre todo se cadra, pensándoo agora en frío, por unha mala elección na planificación da proba), o resultado foi bastante bo (uns minutos perdidos ao comezo da proba, pero esto é un Raid, e quedaban moooooitas horas por diante!)
2ª Sección - BTT: nesta proba saíron Ángel e Ricardo, e cun moi bo comezo e ritmo forte na primeira parte da sección, as balizas foron "aparecendo" axiña. Aquí comezou a chuvia, que por sorte só nos acompañou nesta parte do Raid. Chegamos á transición, onde se facía a
3ª Sección - Trekking: Un trekking durillo: razonable distancia, bastante desnivel, balizas "agochadas" (desas que nos gustan, que non se ven a centos de metros, senón que tes que estar enriba dela para atopala), e moito monte a través (cos seus toxiños, as súas silveiras, as súas pedras, charcos, charchos, e máis charcos,... terreo inestable). Pero no fondo, coa conclusión que foi unha das probas máis chulas do Raid, moi distinta aos habituais trekkings, que xeralmente discorren por sendas, camiños ou pistas sen moita orientación que levar a cabo. Tivemos un pequeno erro (máis de 15 minutos perdidos) nunha das balizas, por unha mala lectura de mapa. E o final do trekking, bastante duro, por asfalto, ata chegar á
2ª parte da 2ª sección - BTT: Outra vez Ángel e Ricardo saíron coa bici para volver ao pobo de Cariño, e localizando as balizas que nos quedaban pendentes desta sección. Houbo un pequeno erro nunha elección de ruta, que supuxo outra vez, unha pérdida de minutos. Pero chegamos a Cariño, con boa cara, con bo ritmo, e con ganas de entrar na...
Proba especial - Rapel: Despois de comer algo, e ir elexindo a mellor estratexia para a seguinte sección (BTT), saíron novamente Ángel e Ricardo hacia a proba de Rapel. Atopábase a poucos metros do centro de competición, e era unha baizada vertical por un edificio no peirao. Nada de dificultade, e unha vez rematada (despois, iso si, e como sempre, de coñas entre os compañeiros), saímos cara a proba máis dura do Raid, a
4ª Sección - BTT: Seguiron nesta proba Ángel e Ricardo, cun comezo durísimo (máis de 400 metros de ascensión continuada), ata chegar á primeira baliza. Despois desta primeira baliza, unha baixada, e outra vez a subir!!!!. Outra baliza moi dura, cun ascenso continuado novamente e rompepernas (para Ricardo sobre todo, Ángel ía moi fresco e moi forte nesta sección). Unha vez atopada a baliza, as conversas entre Piltrafillas se centraron en elexir a mellor estratexia para o que restaba do Raid. Visto o tempo que nos levara facer esta parte, e tendo en conta os puntos que nos quedaban pendentes (4 en btt e 3 de kaiak), decidimos descartar dúas balizas de btt, ir a pola 3ª desta proba de btt (baliza número 5). Tivemos nesta parte unha mala elección de ruta, cunha senda moi embarrada, con moita maleza, e aínda por riba, con rotura de portamapas de Ángel. Aínda así, seguimos con ganas, ata chegar á seguinte sección:
5ª Sección - Kaiak: tocáballe agora saír a remar a Carla e Ángel, e coa sorte que tivemos coas mareas, e sobre todo, polas forzas que lle puxeron os Piltrafillas kaiakeros... conseguimos un tempazao, recollendo as tres balizas que tiñamos. Chegados á zona de transición, saíron novamente en bici Ángel e Ricardo, cara a ...
2ª parte da 4ª sección - BTT: só quedaba dar o que nos restaba para chegar á meta canto antes. Polo camiño tiñamos unha moi sinxela baliza por recoller, e unha vez feito, directos hacia meta, onde nos agardaba Carla.
Un final de carreira moi chulo, moi divertido, e con moito compañerismo... Unha aperta de equipo Piltrafilla sinceira e unhas risas lembrando momentos ao longo do día!
Quedamos con moi boas sensacións, aínda que segue estando claro que o noso punto frouxo seguen sendo as probas de Btt longas, pero queda moita tempada, e moito tempo para mellorar!.
O máis importante, as risas, o bo rollo, as coñas, e os apoios constantes entre Piltrafillas!....
Agora, a seguir adestrando, aprendendo, e por suposto, e como sempre, divertíndonos!