06/10/2026
🏉💚❤️ Resumo da finde.
🧆 Este pasado sábado toda a nosa academia se desprazaba a Pontevedra para desputar os seus respectivos encontros con r.c.p.mareantes . Voltamos á casa con dúas derrotas en M14 e M18 e unha victoria para a UNR M16.
🐎 O domingo o noso sénior masculino abría a liga, xogando de local, contra Club Rugby Ferrol cun resultado de 0-59. A pesar da derrota, este foi un partido especialmente ilusionante para nós, vendo novas caras (ou non tanto) no noso campo.
🎉 Temos a sorte e o orgullo de ter visto, por fin, debutar a Carlos e Fernán co sénior masculino; dous xogadores formados dende pequenos na nosa escola e academia, que medraron sendo parte deste clube. Oxalá este sea o comezo dun longo futuro coa verde e vermella.
❤️🩹 Aproveitamos tamén para mandar ánimos ao noso compañeiro Rafa na súa recuperación.
✏️ Ademais, parte do noso corpo técnico pasou a fin de semana de formación en Arteixo no Curso Oficial de Adestradores Nivel 1. Grazas aos compañeiros de CD Zalaeta Rugby Arteixo e Galicia Rugby pola organización.
Forza Fende 💪💚