Club Atlético Cercedense

Club Atlético Cercedense Categorías de Fútbol Base
Club Deportivo de Fútbol. Concello de Cerceda.

Crónica xornada 1 vs C.F. DumbríaTres puntos para o estreo na nova competición.Arrancamos a tempada na Segunda División ...
22/09/2026

Crónica xornada 1 vs C.F. Dumbría

Tres puntos para o estreo na nova competición.

Arrancamos a tempada na Segunda División Galega (Grupo 3) sumando tres puntos moi traballados ante un C.F. Dumbría (4-0) no Anexo do Roxo.

A primeira xornada, que se disputou baixo unha intensa calor ás 16:00 horas, marcou o ritmo e o esforzo de ambos os dous equipos, que tiveron que xestionar e dosificar esforzos.

A primeira metade foi moi disputada, xa que o C.F. Dumbría plantexaba un comezo de partido no que foron as donas do balón, cunha presión alta e moita intensidade. As nosas tardaron en adaptarse ao ritmo de xogo, pero tras un gran pase ao espazo de Raquel, no minuto 17, Jass conseguía picar o balón e facer o 1-0 no marcador.

Despois do paso por vestiarios, e tras unha primeira parte intensa, o partido comezou a caer do lado local, cunha defensa sólida que neutralizaba os ataques rivais. Co maior dominio do balón, comezaron a chegar numerosas ocasións de gol ao noso favor.

No minuto 58, Sara Fernández poñía o 2-0 tras un pase entre liñas. O 3-0 naceu dunha xogada individual de Sara Fernández, que tras asociarse con Sahara e atopala cun gran pase, deixaba a súa compañeira en posición para poñer o 3-0 no marcador.

No minuto 90, pechábase o marcador cun gol de falta directa de Laura Raña, dando así por rematado o encontro cun resultado final de 4-0.

Un gran esforzo nunha xornada marcada pola calor e ante un rival nada sinxelo.

Tres puntos para comezar e xa coa mirada posta na seguinte xornada.

⚽️ 𝗥𝗲𝗽𝗮𝗿𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗻𝗮 𝗺𝗮ñá 𝗱𝗲 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗻𝗼 𝗔𝗻𝗲𝘅𝗼 𝗢 𝗥𝗼𝘅𝗼! 🔴⚪️Empate sen goles fronte ao 𝗔.𝗗. 𝗩𝗶𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗢𝗿𝗱𝗲𝘀 (0-0) na n...
21/09/2026

⚽️ 𝗥𝗲𝗽𝗮𝗿𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗻𝗮 𝗺𝗮ñá 𝗱𝗲 𝗺𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗻𝗼 𝗔𝗻𝗲𝘅𝗼 𝗢 𝗥𝗼𝘅𝗼! 🔴⚪️

Empate sen goles fronte ao 𝗔.𝗗. 𝗩𝗶𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗢𝗿𝗱𝗲𝘀 (0-0) na nosa casa, en partido correspondente á 𝗫𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝟮 da 𝗧𝗲𝗿𝗰𝗲𝗿𝗮 𝗙𝘂𝘁𝗴𝗮𝗹 (𝗚𝗿𝘂𝗽𝗼 𝟯).

Na primeira metade o 𝗖𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝗻𝘀𝗲 𝗳𝗼𝗶 𝗻𝗲𝘁𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿, dominando o xogo e xerando numerosas ocasións para adiantarse no marcador. Con todo, faltounos acerto de cara a portaría: moitos centros ao área non atoparon remate e as oportunidades xeradas non se souberon materializar, polo que o descanso chegou sen goles (0-0) a pesar do noso dominio.

Na segunda parte o guión cambiou. O 𝗩𝗶𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗢𝗿𝗱𝗲𝘀 𝗳𝗼𝗶 𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗻𝗱𝗼 𝗺𝗲𝘁𝗿𝗼𝘀 𝗲 𝗺𝗲𝗱𝗿𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗻𝗼 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼, equilibrando as tornas e complicando as nosas opcións de levar o balón con perigo á súa área.

O choque tivo ademais un punto de tensión engadido coas continuas amoestacións sufridas polo conxunto visitante, que viu como 𝗚𝗿𝗲𝗹𝗮 𝗥𝗮ñ𝗮 era amoestado en dúas ocasións (48’ e 90+4’), o que lle supuxo a 𝗲𝘅𝗽𝘂𝗹𝘀𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝗱𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗮𝗺𝗮𝗿𝗲𝗹𝗮 nos instantes finais e obrigou ao Vila de Ordes a rematar o encontro con dez xogadores.

Tamén houbo sustos no plano físico, con baixas por lesión en ambos bandos —𝗠𝗲́𝗻𝗱𝗲𝘇 𝗠𝗮𝗱𝘂𝗲ñ𝗼 e 𝗩𝗮𝗮𝗺𝗼𝗻𝗱𝗲 𝗣𝗲𝗻𝗮 pola nosa parte— que obrigaron aos respectivos banquillos a mover ficha con varios cambios ao longo do choque.

Queda a sensación de que o partido puido ser noso de ter aproveitado o bo inicio, pero o equipo soubo aguantar o empuxe rival na recta final e sumar un punto que suma na táboa. 𝗦𝗲𝗴𝘂𝗶𝗺𝗼𝘀 𝘀𝘂𝗺𝗮𝗻𝗱𝗼! 💪

❤️🤍GRAZAS, SARA! ❤️🤍Hoxe disputaches o teu último partido desta tempada co noso Senior Feminino, pero isto non é un adeu...
20/09/2026

❤️🤍GRAZAS, SARA! ❤️🤍

Hoxe disputaches o teu último partido desta tempada co noso Senior Feminino, pero isto non é un adeus, senón un ata pronto. 🥹⚽

Comeza para ti unha nova aventura: Erasmus en Eslovenia 🇸🇮✈️. Unha oportunidade para descubrir novos lugares, vivir novas experiencias e seguir medrando dentro e fóra do campo.

Grazas por defender estas cores, por cada adestramento, cada partido, cada esforzo e, sobre todo, por formar parte desta familia. ❤️

Leva contigo un anaquiño do C.A.C., porque ti sempre formarás parte de nós.

Moita sorte nesta nova etapa ! Goza, aprende, vive e fai moitos recordos. 🫶
Aquí estaremos esperando á túa volta! ❤️🤍

✅ SENIOR FEMININO⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 1)🆚 📅 Domingo 20 de Setembro🕑 16:00h.🏟️ Anexo O Roxo
18/09/2026

✅ SENIOR FEMININO
⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 1)
🆚
📅 Domingo 20 de Setembro
🕑 16:00h.
🏟️ Anexo O Roxo

✅ SENIOR MASCULINO⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 2)🆚 📅 Domingo 20 de Setembro🕑 10:00h.🏟️ Anexo O Roxo
18/09/2026

✅ SENIOR MASCULINO
⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 2)
🆚
📅 Domingo 20 de Setembro
🕑 10:00h.
🏟️ Anexo O Roxo

❤️🤍 ¡NOVAS FICHAXES PARA O SENIOR FEMININO! ⚽️🔥A nova tempada chega con caras novas ao Senior Feminino do Atlético Cerce...
17/09/2026

❤️🤍 ¡NOVAS FICHAXES PARA O SENIOR FEMININO! ⚽️🔥

A nova tempada chega con caras novas ao Senior Feminino do Atlético Cercedense. Estamos moi felices de dar a benvida a Sáhara, Ivana, Alma e Katia, que se incorporan á nosa familia para afrontar xuntas este novo reto. 💪🏼

Catro novas xogadoras con moita ilusión, ganas e fútbol que chegan para sumar dentro e fóra do campo. 🫶🏼⚽️

❤️ Sáhara
🤍 Ivana
❤️ Alma
🤍 Katia

Benvidas á casa, rapazas! ❤️🤍
Estamos desexando vivir e desfrutar desta tempada con vós.

¡Forza Cercedense! ❤️🤍⚽️🔥

✅ XUVENIL⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 2)🆚 📅 Sábado 19 de Setembro 🕑 20:00 h.🏟️ Anexo O Roxo
17/09/2026

✅ XUVENIL
⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 2)
🆚
📅 Sábado 19 de Setembro
🕑 20:00 h.
🏟️ Anexo O Roxo

¡Punto de garra e esforzo baixo un sol abrasador! ☀️⚽️Arrancamos a tempada na Terceira Futgal (Grupo 3) sumando un punto...
14/09/2026

¡Punto de garra e esforzo baixo un sol abrasador! ☀️⚽️

Arrancamos a tempada na Terceira Futgal (Grupo 3) sumando un punto moi traballado na nosa visita a O Pinar (Abegondo) fronte ao Vizoño S.D. "B" (1-1).

O encontro, disputado ás 12:00 da mañá, estivo marcado polas altísimas temperaturas e a intensa calor, esixindo o máximo despregamento físico dos nosos xogadores de principio a fin. Tras unha primeira metade de moita loita e sen goles (0-0), a recompensa chegou no segundo tempo grazas á achega do banquillo.

No minuto 72', Daniel Vaamonde —que entrara na segunda parte dálle un gran impulso ao equipo— inventouse unha magnífica xogada persoal para servirlle o balón a David Carballo, que non perdoou e puxo o 0-1 no marcador.

O conxunto local apertou no tramo final e logrou igualar no 82' (1-1). A pesar dos minutos finais de máxima tensión, o equipo soubo competir e manter a orde para amarrar o primeiro punto do campionato a domicilio.

¡Gran traballo de todo o equipo loitando contra as adversidades! Toca seguir construíndo. 💪🔴⚪️

✅ SENIOR MASCULINO⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 1)🆚  "B"📅 Domingo 13 de Setembro🕑 12:00h.🏟️ O Pinar Vizoño
11/09/2026

✅ SENIOR MASCULINO
⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 1)
🆚 "B"
📅 Domingo 13 de Setembro
🕑 12:00h.
🏟️ O Pinar Vizoño

✅ XUVENIL⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 1)🆚 📅 Sábado 12 de Setembro 🕑 18:00 h.🏟️ Municipal A Laracha
10/09/2026

✅ XUVENIL
⚽ PARTIDO DE LIGA (XORNADA 1)
🆚
📅 Sábado 12 de Setembro
🕑 18:00 h.
🏟️ Municipal A Laracha

Dirección

A Coruña
15186

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club Atlético Cercedense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club Atlético Cercedense:

Atajos

Compartir