22/12/2025
🙌 𝙀𝙧𝙤 𝘿𝙤𝙘𝙚 𝙚 𝙎𝙖𝙣𝙙𝙧𝙖 𝙂𝙤𝙣𝙯𝙖́𝙡𝙚𝙯 𝙢𝙤𝙨𝙩𝙧𝙖́𝙧𝙤𝙣𝙨𝙚 𝙞𝙢𝙥𝙡𝙖𝙘𝙖𝙗𝙡𝙚𝙨 𝙣𝙖 𝙎𝙄𝙉𝙎𝙊𝙉𝟭𝟬𝙆
Doce, que viña de proclamarse campión galego por equipos en campo a través, culminou o ano cunha vitoria incontestable. Asinou un tempo de 28 minutos e 45 segundos, establecendo un novo récord na proba. Tras el entraron David de la Fuente, a 33 segundos, e Adrián Ben, que pechou o podio, a 42 do gañador
Na carreira feminina o duelo estivo servido desde os primeiros compases entre Sandra González e Lamyae Himi. Xuntas enfilaron a AC-550, con Sabela Martínez un pouco máis descolgada. A corredora da Escola Atlética Lucense e a do Atletismo Narón encabezaron ata que, a catro quilómetros para a chegada, González aumentou o ritmo. Aguantou na Aguieira os metros de vantaxe que conseguira e tamén puido saborear a vitoria na meta cun bo rexistro de 35.13. Himi tívose que conformar coa segunda praza, finalizando a 16 segundos da gañadora e terceira acabou unha Sabela Martínez que foi a máis no tramo final, cruzando a meta a 24 segundos de Sandra González e a tan só 8 de Lamyae Himi
Nesta edición, tanto o Alcalde, Luis Oujo, como o Concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, destacaron a ampla participación de corredores locais. Foron un total de 95 os que se animaron a tomar a saída para pesar do frío e a choiva, resultando os máis rápidos Abel Vila e Laura Vila. Abel asinou un tempo de 32 minutos e 50 segundos, que lle valeu para lograr, ademais, un meritorio decimonoveno posto na xeral. O podio sonense masculino completárono Alberto García e Rubén Caamaño. No apartado feminino, Laura impúxose cun rexistro de 41 minutos e 52 segundos, por diante de Carolina Liñares e Rosa Fernández
𝗔𝛊́𝗻𝗱𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝘀𝗼́ 𝘂𝗻𝘀/𝘂𝗻𝗵𝗮𝘀 𝗽𝗿𝗶𝘃𝗶𝗹𝗲𝘅𝗶𝗮𝗱𝗼𝘀/𝗮𝘀 𝘀𝘂𝗯𝗶𝗿𝗼𝗻 𝗮𝗼 𝗽𝗼𝗱𝗶𝗼, 𝘁𝗼𝗱𝗼𝘀/𝗮𝘀 𝗼𝘀/𝗮𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗿𝘂𝘇𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗮 𝗺𝗲𝘁𝗮 𝗳𝗼𝗿𝗼𝗻 𝗮𝘂𝘁𝗲́𝗻𝘁𝗶𝗰𝗼𝘀/𝗮𝘀 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗜𝗢́𝗡𝗦 𝗲 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗜𝗢𝗔𝗦
📰 La Voz de Galicia. Edición Barbanza
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/porto-do-son/2025/12/22/doce-gonzalez-implacables-sin-son/0003_202512B22C5991.htm
E por aquí o seu incrible álbum fotográfico 😍
https://www.lavozdegalicia.es/album/barbanza/2025/12/21/carrera-sin-son-10k-portosin-porto-do-2025/01101766324623305853730.htm?utm_source=twitter&utm_medium=referral&utm_campaign=twbar
💚 𝟭𝟬𝗞 𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦
𝐶𝑜𝑟𝑟𝑒𝑚𝑜𝑠 𝑚𝑖𝑟𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑎𝑜 𝑚𝑎𝑟
|
El corredor del Atletismo Narón dio una exhibición y marcó un nuevo récord al bajar de los 29 minutos