18/11/2026
¡Orgullo grovense!
O noso alevín Aaron Muñiz viviu o seu primeiro adestramento co Real Club Celta de Vigo. ⚽
Un día moi especial que chega grazas ao traballo, ao esforzo e á ilusión que pon cada semana, así como ao labor dos seus adestradores e de todo o club.
No Club Deportivo Grove énchenos de orgullo ver como os nosos xogadores medran e cumpren os seus soños.
Parabéns, Aaron! Grazas por representar con orgullo o teu club.