Cb O Meco Rafonca

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Cb O Meco Rafonca Club de Baloncesto en O Grove. O noso horizonte como club deportivo está no fomento e desenrolo do de Creemos firmemente na educación a través do deporte.

O CB O Meco naceu coa intención de crear unha base sólida de baloncesto en O Grove. Temos como actividade específica o desenrolo de actividades de baloncesto. O noso horizonte como club deportivo está no fomento, encauzamento e desenrolo do deporte proporcionando o coñecemento, a formación e a participación entre a xente moza contando cunha estructura consolidada e a filosofía de fomentar o baloncesto a partir da súa base. Non nos move ningún outro tipo de interese que non sexa proporcionarlles o mellor aos nosos cativos e cativas, apreciandoos dentro do marco deste maravilloso deporte: o baloncesto.

XOGADOR RAFONCA | XORNADA 4MANUEL GARRIDO “NOLITO”Nolito foi o noso MVP en Pontevedra. Estivo moi acertado cara o aro e ...
17/11/2026

XOGADOR RAFONCA | XORNADA 4

MANUEL GARRIDO “NOLITO”

Nolito foi o noso MVP en Pontevedra. Estivo moi acertado cara o aro e castigou cada vez que o deixaron tirar, pero o seu partido foi máis alá do lanzamento: moi sólido no rebote, gañando posición e asegurando posesións para o equipo.

Parabéns, Nolito! A seguir!

11/11/2026
Victoria tras un triple na bocina do equipo cadete masculino La Barrybería | Antonio Barral vs CAB Pontevedra | Balonces...
07/11/2026

Victoria tras un triple na bocina do equipo cadete masculino La Barrybería | Antonio Barral vs CAB Pontevedra | Baloncesto Base

Noraboa!

Fin de semana de baloncesto no Pavillón Novo Monte da Vila. Estes son os partidos que xogamos na casa para animar aos no...
06/11/2026

Fin de semana de baloncesto no Pavillón Novo Monte da Vila. Estes son os partidos que xogamos na casa para animar aos nosos equipos:

​Sábado 7 de novembro:

​10:00 h: Cadete Masculino (La Barrybería O Meco vs. CAB Taberna Zentola)

​12:00 h: Junior Feminina (Mariscos Trelles O Meco vs. Lavandería A Confianza)

​16:00 h: Infantil Feminina (Transportes Cameselle O Meco vs. C.B. Arxil Bon Pollo)

​Domingo 8 de novembro:

​17:00 h: Infantil Masculino (A Óptica de Ana O Meco vs. Kolota Grenlins Cuntis)

​19:00 h: 3ª Div. Autonómica Masculina (Rafonca Puertas y Automatismos O Meco vs. Parrillada A Charca Río Ulla)

​Agardamos a vosa presenza e apoio dende a bancada.

​

Primeiro partido da tempada para os nosos premini afuego.taperia con victoria.As ganas e ilusión que se lles veía no seu...
01/11/2026

Primeiro partido da tempada para os nosos premini afuego.taperia con victoria.
As ganas e ilusión que se lles veía no seu primeiro partido o mellor do día.

MVP RAFONCA | XORNADA 2MARTÍN WALLY26 PTS 6 REB 4 ROBControl de partido, anotación e ritmo. Martín foi unha das pezas cl...
30/10/2026

MVP RAFONCA | XORNADA 2

MARTÍN WALLY
26 PTS 6 REB 4 ROB

Control de partido, anotación e ritmo. Martín foi unha das pezas clave na vitoria fronte a Xuven Cambados: controlando o ritmo do equipo, sumou 26 puntos e, sobre todo, deixou un gran nivel defensivo, intenso e contaxioso para todo o grupo.

É un pracer velo regresar ás canchas!

Parabéns, Wally! A seguir! 🔵

Rafonca Puertas y Automatismos

Xa temos aquí os horarios dos partidos para esta fin de semana.Estreno dos xogadores premini e mini arousa na competició...
30/10/2026

Xa temos aquí os horarios dos partidos para esta fin de semana.

Estreno dos xogadores premini e mini arousa na competición con partidos na casa. Consulta os encontros dos nosos equipos e achégate a animar ao pavillón. Agardamos a vosa presenza para apoiar aos nosos xogadores e xogadoras.

- Junior Masculina: Vinoteca Aldea contra Taberna Casa Abel O Meco (Xoves 29/10, 20:00 h - Colexio A Torre, Illa de Arousa).

- Infantil Femenina: C.B. Arxil B contra Transportes Cameselle O Meco (Sábado 31/10, 10:00 h - Pabellón Municipal Pontevedra).

- Junior Femenina: Seguros Reale Carril contra Mariscos Trelles O Meco (Sábado 31/10, 12:00 h - Sara Gomez, Vilagarcía de Arousa).

- Minibasket mixta: Hotel Maruxía O Meco contra CLB 2 (Domingo 1/11, 10:00 h - Novo Monte da Vila, O Grove).

- Preminibasket mixta: A Fuego Tapería O Meco contra Camping Salinas, Fem (Domingo 1/11, 12:00 h - Novo Monte da Vila, O Grove).

- Cadete Femenina: Sergio Muleiro Clínica Dental contra Galaico Portugués O Meco (Domingo 1/11, 12:15 h - Cuntis).

¡VICTORIA! | XORNADA 2SENIOR MASCULINOCB O MECO 76 – 67 XUVEN CAMBADOSO domingo ás 12:00 vivimos unha mañá de baloncesto...
30/10/2026

¡VICTORIA! | XORNADA 2
SENIOR MASCULINO
CB O MECO 76 – 67 XUVEN CAMBADOS

O domingo ás 12:00 vivimos unha mañá de baloncesto intensa, cun partido moi disputado dende o primeiro minuto. O equipo soubo manter o ritmo e responder cada vez que o rival apretou, ata selar unha vitoria moi traballada.

Gañamos fronte a un rival moi duro nun partido de ritmo elevado e moita intensidade. Boas sensacións nesta segunda vitoria da tempada!

Agora toca descansar esta semana e recargar pilas, que xa estamos a agardar o seguinte partido.

🙌 Grazas a todas as persoas que viñestes animar ao pavillón e aos nosos patrocinadores por estar sempre ao noso carón.
Sodes parte deste equipo!

Dar as grazas a Martin Chaves por as fotos do partido.
Rafonca Puertas y Automatismos

Gran traballo do Infantil Femenino nesta fin de semana!Enfrontámonos ao Estudiantes Pontevedra un rival dun nivel simila...
30/10/2026

Gran traballo do Infantil Femenino nesta fin de semana!

Enfrontámonos ao Estudiantes Pontevedra un rival dun nivel similar nun encontro disputado que nos permitiu aplicar na pista todos os conceptos que estamos a adestrar. Moito mérito para as rapazas, que pouco a pouco van asimilando e desenvolvendo o traballo diario.

Parabéns a todo o equipo polo esforzo e a evolución constante!


Gran victoria do Mini Galega contra o CAB o domingo a tarde.O equipo deixou todo na pista conseguindo este triunfo tan t...
30/10/2026

Gran victoria do Mini Galega contra o CAB o domingo a tarde.

O equipo deixou todo na pista conseguindo este triunfo tan traballado. Queremos enviar unha aperta moi forte a Iker, que non puido estar connosco por atoparse mal; botamos de menos o teu apoio na cancha e agardamos verte recuperado moi pronto.

Parabéns a todos os xogadores polo gran esforzo e a entrega!

Construcciones Álvarez Prol Construcciones Álvarez Prol

Dirección

Pabellón Montedavila
El Grove
36980

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cb O Meco Rafonca publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cb O Meco Rafonca:

Atajos

Compartir

Categoría

Gimnasios cercanos