01/11/2026
Xa pisamos cross!
O cambio climático estanos a agasallar con quentes e solleiros días xa entrado novembro. A 9na edición do Optimilk Cross Ponte Romana desfrutou dun inusual 1ro de novembro e os deportistas, adestradores e clubes desfrutaron dun fermoso evento que non lle pode envidiar en nada a calquer cross nacional. Un Cross Ponte Romana con un gran nivel competitivo, e que aprobeitamos para con él sacar de punto aos nosos atletas e buscar unha mellora en próximas datas.
Os nosos sub18 englobáronse nas probas élite nas que competían atletas internacionais absolutos e medallistas nacionais. No apartado masculino non fumos capaces de recuperar a Iago Mosquera para que competise, febre dende o xoves e un virus estomacal deixouno KO. Pero Nico Lorenzo deu boa conta da expedición estradense. O atleta xuvenil saeu ao ritmo da cabeza sen medo algún, e aínda que a proba o foi situando na súa propia realidade, completou os 5km do evento en moito mellor tempo do agardado: 17:31, superando a moitos atletas absolutos que non agardabamos e sendo o 21 da categoría en liña de meta. Venceu David de la Fuente, o actual subcampión de España en 5000ml.
Ainoa Muras competiu na proba feminina, unha proba na que gañou a actual subcampioa de Europa en obstáculos, e 4ta nos últimos XXOO, Alice Finot.
Ainoa veuse superada polo gran nivel da proba, e é que leva no atletismo apenas un ano. A xuvenil forcaricense non se deixou en ningún momento, marcou o seu propio ritmo, e mantivo o mesmo ata cruzar a meta. 22:16 en meta e 16 da categoría.
Na proba dos sub16, e sobre case 4km de percorrido, os cadetes deron un espectáculo dende o inicio. A proba voltouse a cara de can e con un ritmo infernal dende a saída, quizáis demasiado para estas alturas do curso no que estamos. Brais Rey, especialista neste terreo, sufreu o estado de forma dos rivais, e aínda que pelexou e loitou con todos eles durante case a totalidade da proba, tivo que soltalos no último tramo da mesma. 8vo en meta Brais, con un crono de 13:06.
Mauro Míguez correu tamén a proba sub16, nunca negaremos o enorme esforzo do noso pequeno cadete. 16:23 en meta, 43 da xeral, e unha competición de moito nivel no seu historial.