05/11/2026
🎃🌰 SAMAÍN E MAGOSTO RC👻🔥
Menuda xornada vivimos o pasado sábado no Recreo Cultural!!!
😍 Unha auténtica festa, cunha gran afluencia de público e un ambiente familiar espectacular 🤗
🎉 Tivemos para todos os gustos:
🏰 Un inchable XXL que fixo as delicias dos pequenos.
👻 Unha habitación do terror para os máis atrevidos.
🎩 O espectáculo do Mago Costa, que nos sorprendeu e divertiu a todos.
🎶 Un bingo musical cheo de participación e bo humor.
💃 E moita animación, xogos e diversión grazas ao fantástico traballo das nosas monitoras 🙌
🌰 Por suposto, tampouco faltaron as tradicionais castañas do Magosto, que puxeron o sabor á xornada 😋
👏 Queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañastes, ás monitoras, aos artistas e a todos os que fixestes posible esta celebración 🔝
🚀 Seguimos preparando novas propostas, novos momentos para compartir 🙂
📣 Participade, propoñede e axudádenos a seguir medrando!!!🫶
💚 SEGUIMOS FACENDO RECREO!!! 🎉