04/11/2026
📚 Sementae, novo club de lectura feminista e decolonial en Vigo!
Un espazo para ler, compartir e debater arredor de textos que nos permitan abrir novas miradas e xerar conversas colectivas.
O Club de Lectura Sementae reunirase cada tres meses na Morada, cun texto anunciado previamente e sesións dinamizadas por unha integrante da Sega —habitualmente María Reimóndez— ou por persoas convidadas.
É unha proposta aberta a todas as persoas que queiran participar.
PRIMEIRO ENCONTRO:
📅 19 de decembro
📖 Xa vemos palmeiras, de Ana Cabaleiro (Xerais, 2023).
Vinte persoas descoñecidas viaxan ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, para pasar alí a fin de ano. O que comeza como unha excursión organizada acabará converténdose nunha travesía singular, entre o turismo, a literatura e o mito. Unha novela que nos leva a cuestionar as nosas formas de mirar e percorrer o mundo.
📚 Podes atopar o libro na biblioteca da Morada, en préstamo, e tamén nas bibliotecas públicas.
📝 Inscricións abertas na ligazón da bio !