Artabros CrossFit

Artabros CrossFit Centro CrossFit de referencia na Coruña e na súa área metropolitana des o 2014. Proba con auténticos profesionais especializados no deporte de noso!
(210)

22/09/2026

Familia, superación e diversión ❤️

21/09/2026

Equipas Ártabras ⚔️

17/09/2026

🏋️‍♂️🔥 Ártabros Showdown – A nosa competición máis épica chega o 14 de novembro! 🔥🏋️‍♀️

Reúne a túa equipa de 3 persoas (HHM) e RESERVA A DATA, pronto abriremos inscricións.

15/09/2026

💙 Grazas, Lili.

Grazas por compartir con nós algo tan sinxelo e, ao mesmo tempo, tan importante: o bonito que é chegar a un lugar e poder falar galego con total naturalidade.

En Ártabros queremos que a nosa lingua estea presente no día a día, nas clases, nos adestramentos, nas conversas e nos pequenos momentos que fan comunidade.

Porque falar galego non debería ser algo excepcional. Debería ser, simplesmente, normal.

E para nós é unha alegría que persoas coma Lili o sintan así e nos axuden a seguir facendo do galego unha lingua viva tamén na nosa box.

Grazas por poñerlle voz 🫶

💙 En Ártabros, adestramos en galego.

13/09/2026

Antes de comezar, paramos, escoitamos e entendemos o adestramento. Un bo WOD non consiste só en dalo todo: tamén consiste en saber como facelo e cal é o estímulo axeitado.

👉 Se aínda non coñeces Ártabros, ven probar unha clase GRATIS e vive en primeira persoa como adestramos

📩 Escríbenos ou pásate pola recepción da box. Agardámoste!

06/09/2026

🎯 ADESTRAMENTO INDIVIDUALIZADO

Ás veces, un obxectivo require tempo, foco e traballo específico.

Por iso, en Ártabros poñemos á túa disposición o servizo de adestramento individualizado: sesións individuais para traballar de maneira específica aquilo no que queres avanzar.

Pode ser unha boa opción para:
💪 Traballo técnico e específico: desbloqueo de movementos.
📈 Planificación adaptada aos teus obxectivos.
🧠 Acompañamento e atención durante todo o proceso.
🎯 Unha proposta de adestramento feita á túa medida.

Unha oportunidade para dedicar unha sesión completa a un obxectivo concreto, con tempo para analizar, practicar, corrixir e progresar.

Se tes algo en mente no que queres avanzar,
📩 Solicita máis información na recepción ou coa nosa equipa.

03/09/2026

📣 ABRIMOS INSCRICIÓNS PARA O BURPEETHON EN ÁRTABROS CROSSFIT 💥EVENTO SOLIDARIO CON HORIZON ONG

👉 17 OUTUBRO

Xa vos podedes inscribir no Burpeethon, un evento deportivo e solidario en parellas.

🗓️ Data límite de inscrición: 30 SETEMBRO
💶 Prezo por persoa: 25 €

A inscrición inclúe:

👕 Pack de participante con camisola especial do evento

💧 Pack hidratante para que esteades a todo tren até o final

❤️ A vosa participación colabora coa ONG Horizon Experiences, na súa labor cunha comunidade de Uganda: construcción dunha escola, levar un servicio de electricidade a través de placas solares, sistema de auga potable, e instaurar un sistema de cultivos para proporcionarlles comida diaria e independencia.
horizonexperiences.com

Alén diso, axiña desvelaremos os tramos do Burpeethon, para coñecerdes a súa composición e que poidades preparar a vosa estratexia.

Non deixedes pasar esta oportunidade de participar nunha experiencia única chea de diversión, afouteza e solidariedade en familia.

➡️ Inscríbídevos canto antes na recepción! Facede parte do Burpeethon e axúdanos a deixar unha pegada positiva!

30/08/2026

Probaches os Speed Skaters?

Se queres probar clases oficiais de HYROX, escríbenos e reserva agora unha proba gratuita!

27/08/2026

“Unha das cousas que me sorprendeu foi encontrar nas redes sociais que se utilizase o galego aquí en Ártabros” ❤️

O galego é a nosa lingua, e imos empregala. Apréndese falando e consérvase mantendoa viva.

Estamos moi orgullosos de contar con alguén tan especiais coma ti, Manoel. Es un atleta e unha persoa marabillosa. Grazas por sumar a esta comunidade, grazas por confiar en Ártabros e por inspirarnos tanto como o fas.

Seguimos sumando adestramentos e momentos xuntos!

25/08/2026

Familia, superación e diversión

Dirección

Avenida Fisterra, 287
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 07:30 - 22:30
Martes 07:30 - 22:30
Miércoles 07:30 - 22:30
Jueves 07:30 - 22:30
Viernes 07:30 - 22:30
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Artabros CrossFit publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Artabros CrossFit:

Atajos

Compartir